Nas faldras do Penagache, en Quintela de Leirado, máis de medio cento de intervencións de Xulio Fontes converteron portas, fiestras, muros e vellas pedras nunha particular galería ao aire libre. Un proxecto nacido da vinculación do artista coa súa terra que propón unha nova maneira de mirar —e reivindicar— o rural ourensán.