jueves. 06.08.2026
La opinión de
Xosé Antonio López Silva

Xosé Antonio López Silva

Xosé Antonio López Silva (Santiago, 1972) é catedrático de Latín, investigador da Universidade de Lisboa e membro do Padroado da Fundación Otero Pedrayo. Desenvolve unha ampla actividade como tradutor, editor e crítico literario, con versións de autores clásicos como Idacio de Chaves, Martín de Braga, Plauto ou Sófocles, así como de literatura galega como Otero Pedrayo ou Álvaro Cunqueiro. Colabora habitualmente en medios culturais e radiofónicos, destacando a súa presenza en publicacións como Grial, Radio Clásica e a Radio Galega.

Cazar grallas para vencer ao demo

Titivillus, o diaño medieval ao que se atribuían as grallas e os erros cometidos por escribas, tipógrafos e impresores.
Anatole France contou como, coa invención da imprenta, Titivillus ascendeu de categoría e pasou a ser o tormento de tipógrafos, caixistas e editores de prensa. Coas novas tecnoloxías, o demo volveuse máis veloz e sutil. 

Libros guillotinados

Departamento de Infografía DL-G.
Un libro usado produce esa mesma intuición. Abrímolo, cae unha entrada de cine para dous coa data esvaída de hai medio século e xa comeza unha novela. Nunca saberemos se foi unha primeira cita, unha despedida ou unha tarde calquera. Pero esa ignorancia é precisamente o espazo no que a imaxinación empeza a traballar.

Como se herda un país?

Ilustración DL-G.
As vindeiras Letras Galegas de 2027, dedicadas a Xosé Neira Vilas, ofrecerannos a oportunidade perfecta para reparar nesoutra dimensión do escritor: a da súa xenerosidade.

Os fíos de Bayeux

Ilustración DL-G.
Pero a historia, coma a literatura, raras veces transcorre en liña recta e as agullas da memoria nunca deixan de fiar en silencio.

MUGART, o museo do múltiplo

Departamento de Infografía DL-G.
O pasado día 2 o Museo do Gravado festexou vinte e cinco anos de vida. Celebrouse cun acto institucional e, asemade, coa inauguración dunha interesante mostra: os gravados que Xaime Quessada concibiu na serie Imaxe surreal de Galicia: unha historia do país contada a través do medio popular da estampa, á maneira tan persoal do autor ourensán.

A porta que dá ao tempo

Departamento de Infografía DL-G.
No Ano Santo que vén, centos de miles de persoas han atravesar o limiar da Porta Santa sen ter moi claro se buscan a Deus, a si mesmas ou só o final dunha etapa.

Un país, tres clásicos

Ilustración DL-G.
As culturas maduras non son as que deixan de discutir sobre si mesmas. Son aquelas que conservan puntos de referencia firmes mentres continúan o debate.

O carballo de Buchenwald

Ilustración DL-G.
O coñecemento é unha soa árbore; ciencias e humanidades, dúas pólas do mesmo tronco. Demóstrano os que máis souberon.

Os libros que vostede non pode ler

Departamento de Infografía DL-G.
Cada ano chegan ás librarías novos títulos, premios e presentacións. Todo iso é necesario; ningunha literatura pode vivir sen renovarse. Porén, cando o inmediato é o único criterio, os libros desaparecen cunha rapidez sorprendente. Primeiro abandonan os escaparates. Despois, os andeis. Finalmente, as conversas.

"Eu non quería morrer alá"

Eu non quería morrer alá.
As epidemias pasarán, como pasaron tantas. Virán outras e tamén acabarán desaparecendo. O perigo é que coa distancia vaia marchando tamén a compaixón. Acabámolo de ver co hantavirus. 

Pactar pola lingua e a cultura. Xestos e accións

Departamento de Infografía DL-G
Malia as controversias arredor da normativa lingüística, as disputas e os intentos de instrumentalización política, o tecido cultural galego conserva unha notable capacidade para crear comunidade.

Arredor das Letras (II)

Ilustración DL-G.
O gran paradoxo das Letras Galegas é que xeran homenaxes sen ter ampliado verdadeiramente a comunidade lectora. É un tema complexo que cómpre abordar con afouteza e desde o consenso institucional e colectivo. 

Arredor das Letras (I)

Ilustración DL-G.
Durante semanas e meses, a persoa homenaxeada ocupa o centro da vida cultural galega: reedicións, congresos, documentais, programacións escolares, actos institucionais, homenaxes públicas. Mais a pregunta decisiva aparece despois: que queda cando remata o ano das Letras?

As vilas invisibles

Ilustración DL-G.
A Galicia rural atravesa boa parte da nosa tradición literaria, desde Rosalía de Castro ata moitos textos contemporáneos que seguen a dialogar coa memoria agraria e familiar, coa emigración ou coa desaparición deses modos de vida.