Félix Caballero Wangüemert naceu en Logroño (La Rioja) en 1967. Vive en Galicia desde 1991. Doutorouse en Investigación en Comunicación cunha tese sobre o humorista gráfico Xaquín Marín. É ademais licenciado en Ciencias da Información (Xornalismo) e gradado en Ciencias da Linguaxe (con mención en Filoloxía Galega). Traballou como xornalista en “El Correo Gallego”, “Riadevigo.com” e “España Exterior”. Ten publicado artigos de investigación sobre o humor en libros colectivos e revistas especializadas. É tamén autor de dez libros –cinco en castelán e cinco en galego–, entre os que destacan “O humor en cadriños” e “O humor en cadriños II” (ambos os dous de entrevistas con humoristas gráficos galegos), “O humor galego alén da retranca”, “Xaquín Marín. Arte e compromiso no humor gráfico galego” (adaptación da súa tese de doutoramento), “Falemos de caricatura” (unha longa entrevista a Siro) e “Jesús, humorista” (un ensaio sobre o sentido do humor na figura de Xesús de Nazaret). Ademais ten no prelo o libro “A retranca. Un intento de clarificación”.
Os policías (e os gardas civís) son, certamente, uns dos profesionais que máis ben nos fan a todos e aos que máis temos que admirar e agradecer. Están aí para nos protexer, coidar e defender cando máis o necesitamos. E fano, ademais, xogándose moitas veces a vida.
Non só non se trata de cambiar o mundo enteiro –“quien mucho abarca, pouco aprieta”, dicimos en castelán–, senón que se cadra nin sequera fai falla mudar ese metro cadrado circundante do que nos falaba o profesor: só os nosos corazóns e cerebros. É dicir, a nós mesmos, só a nós.
San Xosé é un santo polo que teño unha especial simpatía. Non digo “devoción” porque non son de rezarlle nin de poñerlle velas, pero si simpatía. É lóxico, porque probablemente é o santo máis grande da historia.
A revolución sexual que veu mudar radicalmente o concepto de familia e a maneira de educar os nenos, comezou nos anos sesenta nos EEUU e Gran Bretaña, pero en España no se deixou sentir case ata a segunda metade dos setenta, tras a morte de Franco.
A amizade, por suposto, é algo moi diferente desas relacións virtuais. A amizade –digámolo sen ambaxes– é amor, un tipo de amor. Existe o amor de pai ou nai, o amor de fillo, o amor de irmán e o amor de amigo.
A maioría das persoas ten unha idea da liberdade herdada da Revolución Francesa: “Liberdade, igualdade, fraternidade”. Pero esa idea liberal de liberdade é falsa, unha gran mentira (“porque amo a liberdade, detesto o liberalismo”, dixo alguén que, por desgraza, agora non recordo).
Os seus inimigos, que noutro tempo, cando a institución era forte e poderosa, calaban como mudos –igual que calan hoxe sobre ante o Islam, pola conta que lles trae–, entran a matar nela, procurando causarlle o meirande dano posible.
Coas mortes de Ónega, Del Pozo e Franco non só choramos estes tres mestres, senón tamén o propio xornalismo, ese que, segundo dicía Pérez-Reverte no seu artigo, “noutro tempo foi o oficio máis fermoso do mundo”.
Por suposto que o que hai atrás destes ataques é envexa. Pura e porca envexa. Os que aldraxan a estes grandes empresarios en realidade envéxanos, e simplemente por que teñen cartos.
O autoodio é un concepto acuñado polo nacionalismo galego –supoño que tamén polo catalán e mais o vasco nos seus contextos– para se referir aos galegos desleigados, é dicir, a aqueles (segundo explica o RAG) que non manifestan demasiado apego, afecto ou amor pola terra en que naceron.
O humor de Esteso pódenos parecer hoxe choqueiro, pero no seu tempo tivo un éxito extraordinario e fixo felices a moitísimas persoas, entre eles ao neno que era eu daquela. Os seus chistes facían graza á España da época e era un grande imitador.
sorpréndeme escoitar esta reflexión ao fillo de Ussía, a quen non teño precisamente por un “progre”. E dígoo porque esa “boutade” sobre o perdón é propia dos “progres”. Son eles os que a repiten recorrentemente.
O curioso dos últimos tempos é que hai unha estreita alianza entre o totalitarismo progre e o islamista. Unha alianza que ao necio lle pode parecer contra natura, pero que ten toda a lóxica do mundo.
A xente non quere ter nenos. O número medio de fillos por muller en España en 2024 situouse en 1,10, un mínimo histórico, continuando a tendencia á baixa, cunha media de 1,09 para nais españolas e 1,28 para nais estranxeiras.
Nos últimos tempos, os Reis tempos teñen encontrado unha grande competencia en Papá Noel, un personaxe que cada vez conserva menos riscos católicos e que hoxe é moi difícil seguir vinculando ao nacemento de Xesús, é dicir, ao Nadal.
Bo Nadal. Xa está, xa o dixen. Nadal, digo. A palabra maldita. Proscrita. Prohibida. Polo progresismo, claro. Polo pensamento único. Xa saben: hai que dicir “boas festas”.
O pasado 5 de decembre morría en Ruiloba (Cantabria) o columnista e escritor Alfonso Ussía. Con este motivo, os seus amigos e compañeiros teñen destacado as súas calidades persoais e profesionais, con adxectivos como “valente”, “incisivo”, “mordaz” ou “enxeñoso”, pero un dos que máis se ten repetido é o de “libre”.