Turismo
A Xunta abre a nova convocatoria de axudas de 2,5 M€ para a creación de novos establecementos turísticos de aloxamento e restauración
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria da nova liña axudas dotada de 2,5M€ coa que a Xunta de Galicia fomenta a creación de novos establecementos turísticos de aloxamento e restauración para mellorar e ampliar os servizos aos visitantes ao tempo que se fomenta o emprego turístico e se busca un positivo impacto económico local. A iniciativa enmárcase no Plan Territorial de Enogastronomía de Galicia, posto en marcha por Turismo de Galicia con fondos Next Generation.