10/6/25
Soidade
Cando era só un adolescente, case un neno, descubrín na casa un LP de Georges Moustaki –un dos primeiros long plays que tivemos– que axiña me engaiolou, e miraba con envexa as miñas irmás, porque –coma elas estudaban francés, no canto de inglés, coma min– podían entender a letra das cancións e gozaren delas aínda máis.