miércoles. 08.04.2026

Agarrase á fe

 Os seus inimigos, que noutro tempo, cando a institución era forte e poderosa, calaban como mudos –igual que calan hoxe sobre ante o Islam, pola conta que lles trae–, entran a matar nela, procurando causarlle o meirande dano posible. 
Departamento de Infografía DL-G.
Departamento de Infografía DL-G.

Vivimos malos tempos para a Iglesia católica. A institución, humanamente falando, atravesa unha época de gran febleza. Digo “humanamente”, porque os crentes sabemos que atrás dela está e estará sempre Xesús –“Eu estou convosco ata a fin do mundo”–, e o demo non poderá destruíla: “Ti es Pedro e sobre esta pedra edificarei a miña Igrexa, e as portas do inferno non prevalecerán contra ela”.

A debilidade extrema que presenta a Igrexa nos nosos días provén tanto dos ataques externos como dos internos, da súa propia división, que nunca ten sido tan grande como agora. Semella que se están a cumprir as profecías de Garabandal e Akita (Xapón), nas que a Virxe advertiu de que chegaría un día en que se levantarían “bispos contra bispos” e “cardenais contra cardenais”.

Con este panorama, é moi fácil atacar hoxe a Igrexa. Os seus inimigos, que noutro tempo, cando a institución era forte e poderosa, calaban como mudos –igual que calan hoxe sobre ante o Islam, pola conta que lles trae–, entran a matar nela, procurando causarlle o meirande dano posible. E iso que, en Occidente, a persecución –polo de agora– é mais moral que material. Pero todo chegará.

Un dos últimos persoeiros públicos que se ten apuntado a esta moda é a actriz Silvia Abril, quen, na gala dos premios Goya, dixo esta lindeza: “Me niego a aceptar que la juventud que sube tenga esa carencia y esa tirada hacia lo cristiano; me da pena que necesiten creer en algo y se agarren a la fe cristiana”.

A frase recórdame moito outra esgrimida hai pouco polo cantante Víctor Manuel co gallo do último disco de Rosalía: “La verdad es que no me interesan nada los nuevos misticismos como el de Rosalía. O el de Los domingos, una película aburridísima. No comprendo a la chica. Es que se me acaban los argumentos. ¿Sabes lo que pasa? Que vengo de una generación y de un espacio donde querías huir de todo eso como de la peste. Y para mí la religión sigue siendo la peste”.

Como tanto Víctor Manuel (78) como Silvia Abril (54) teñen xa unha certa idade, supoño que as súas afirmacións no se deben só á ignorancia –a xente da súa xeración, sobre todo a da Víctor Manuel recibiron unha certa formación católica–, senón tamén ao rencor e á soberbia: iso tan típico dos “progres” de non aceptaren nada nin a ninguén por riba deles; esa

“superioridade moral” consistente en rexeitar toda moral diferente da que eles mesmos se dan e, de paso –iso si–, moitas veces pretenden impor aos demais.

Departamento de Infografía DL-G.
Departamento de Infografía DL-G.

Gustaríame responderlles ao cantante e á actriz, pero acabo de ler un artigo de prensa en que o sacerdote Patxi Bronchalo xa lle contesta a Silvia Abril, e faino tan ben que non poido máis que repetir ás súas palabras. Bronchalo é “un sacerdote del montón que vive y trabaja en un barrio obrero del sur de Madrid”, e que no seu día a día se dedica “a estar con gente que sufre mucho, a consolar a quien ha perdido a alguien querido y a dar esperanza a quien ya no ve salida”, como el mesmo se define. E no seu artigo dille á actriz cousas como esta: “Hace menos de un mes celebré un funeral de cuerpo presente por un hombre de cincuenta años que murió de manera repentina. Aún tengo grabados a su padre y a su madre llorando desconsolados delante del féretro, y la cara de angustia de su mujer y de sus dos hijos, que han quedado huérfanos. Fue duro. Les dije que, si existe la sed, es porque existe el agua; y que, si existe el deseo de volver a abrazar a las personas que queremos, es porque existe el Cielo. Les anuncié que seguimos a un Dios que conoce el camino para salir de la tumba. Hace unos días su mujer me dio las gracias porque aquella oración era lo único que le había dado esperanza. Al ver sus declaraciones pensé que usted podría haber venido conmigo al tanatorio y, mirando a sus hijos a los ojos, haberles dicho: ‘Me niego a aceptar que la juventud que sube tenga esa carencia y esa tirada hacia lo cristiano’. Y luego, a su viuda y a sus padres: ‘Me da pena que necesiten creer en algo y se agarren a la fe cristiana”.

O dito. Que podería engadir eu?

Agarrase á fe
Comentarios