Joan Ribot Margarit naceu en Sabadell en 1958. Vive en Galicia dende 1981. É Licenciado en Dereito pola Universidade Central de Barcelona e Master en Emigración e inmigración, aspectos xurídico-económicos e procesos de integración socio-laboral pola Universidade de Vigo. Forma parte do Corpo Técnico da Seguridade Social e do Corpo Superior da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia; e colaborou en “El Correo Gallego” durante máis de vinte anos, escribindo numerosos artigos.
Un carriño da compra pode levar moito máis ca produtos: tamén ilusións, metas e experiencias que nos axudan a afrontar a vida con confianza, enerxía e optimismo.
Adiccións aparte, un estudo da Universidade de Texas demostrou que cando o móbil está visible, aínda que estea apagado, o noso cerebro gasta recursos en non collelo.
Ámbolos dous principios recordáronme o que a arquitectura din sobre a clave de bóveda, que é a peza máis importante dun arco ou bóveda porque sen ela, ao transmitir o peso lateralmente, todo se viría abaixo.
Ao acabar os estudos decidiu facer o Camiño Portugués, optando polo Central porque no costeiro faría máis frío, sobre todo para o seu can, o cal lle fai sentirse a salvo e sobre todo é un amigo.
O problema xorde cando hai dependencia. Cando haina o nivel de alcohol que necesitas é a cantidade máxima que bebiches e o corpo non se conforma con menos nin goza ata que chega a esta.
Vivimos nun mundo cada vez máis violento, pois hoxe hai 78 países involucrados en conflitos máis alá das súas fronteiras e 59 conflitos armados activos no mundo; a cifra máis alta dende a Segunda Guerra Mundial.
Algo parecido sucedeu na Paixón. Dende o punto de vista humano non hai fracaso maior. Quen vai querer a apuntarse a iso? Pero o terceiro día, resucitou. Probablemente porque Deus quere que actuemos con liberdade. Se no último momento no Calvario tivera habido unha intervención prodixiosa de Deus, en plan Superstar, probablemente tiñan crido todos.
Despois de ver os millóns de mortos que ocasionou a Segunda Guerra Mundial -a maioría civís- a comunidade internacional quedou arrepiada; buscando fórmulas para deter aos Estados que incumprían os dereitos declarados na Carta das Nacións Unidas e, polo menos, quedaran retratados ante os ollos de todos.
Os calendarios sen fotos ou debuxos, que marcan soamente o día, son útiles para organizarnos e planificar; pero só cobran vida cando sabemos enchelos de imaxinación, tenacidade e ilusión.
Á estrela encántalle recordar a viaxe que fixo hai dous mil anos porque, de ter saído mal, os Reis magos non tiñan chegado á cova e o Neno tíñase quedado sen os seus agasallos.
A penúltima vez que fun o dentista no 2020 tiveron que sacarme tres moas en tres sesións diferentes, deixando quince días entre cada unha para que me relaxara.
O pasado 17 de outubro, a Rede Europea de Loita contra a Pobreza (EAPN- España), coincidindo co Día Internacional da Pobreza, celebrou un acto no que se deu conta da situación deste grave problema.
Hai uns días presentáronme a Xurxo, quen pasou varios anos tocando en Santiago no Arco de Xelmírez -o cal permite pasar da Praza da Inmaculada ao Obradoiro-.