sábado. 14.02.2026

Contador de historias

En contra do que se cre, canto máis famosos son os actores, máis tratables adoitan ser. As veces un actor que non é famoso, móntacha. 
Infografía DL-G.
Infografía DL-G.

O primeiro que dixo Xosé Manuel Barreira no faladoiro sobre Cine que organizou o Colexio Maior La Estila, foi que é un contador de historias; pois os produtores do audiovisual -como el- dedícanse a buscar e contar historias.

No libro “Conversacións con Deus”, cando Neale D. Walsch preguntábase porque vivía nun campamento despois de ser abandonado pola súa muller e seus fillos, na súa cabeza escoitaba as respostas de Deus. E a súa historia, despois de escoitar no seu interior que dera o manuscrito a unha amiga que o acabou dando a un editor para publicalo, alcanzou un gran éxito.

En contra do que se cre, canto máis famosos son os actores, máis tratables adoitan ser. As veces un actor que non é famoso, móntacha. Como unha actriz que antes do rodaxe pediu unha crema de espárragos, dicindo que senón non actuaba; ou outra da que prescindiu durante un ano nunha serie para amosarlle que non era indispensable.

Hollywood é un loby pechado onde manda o loby xudeu e moitas veces, cando envíalles unha gran idea, devólvencha sen abrila por medo a que os demandes dicindo que te plaxiaron.

Conseguiu que viñeran a España guionistas de produtos audiovisuais ofrecendo un guión que non aceptou Hollywood, como The Maquinist. A película chamou a atención porque para interpretar o seu papel Christian Bale perdeu 28 kg e, a pesar de estar ambientada en California, rodouse en Barcelona.

Hai anos tiñamos unha televisión e media (a media era TV2) e so podías ver iso. Se o que poñían o martes non che gustaba, non vías nada. En cambio, agora podes acceder a todo e hai máis demanda que nunca debido ás novas tecnoloxías.

Os programadores xa non existen. O seu traballo na tele era decidir que día e a que hora se poñía unha serie.  Agora cada un ve o que quere e cando quere; e hai casas nas que xa non hai televisión e cada un ve o que desexa dende o seu móbil ou ordenador.

Mentres antes o complicado era facer a película, agora o difícil é que o público saiba que se fixo e hai que reservar cartos para iso. Hai CCAA que te retornan cartos se rodas alá; nalgunha se gastas máis de un millón, ata un 20 %. Por que se roda en Winsconsin?: porque páganche se rodas aí.

Cando se remata unha película o produtor e o director adoitan facer un pase cunhas cantas persoas para ver a súa reacción. A película española cunha maior recadación foi Ocho apellidos vascos. Ninguén sabía que obtería 65 millóns, cando costou tres. O produtor as veces ten a potestade de introducir cambios. A pesar de que era unha comedia moi divertida, o seu arranque e final eran espantosos; e houbo que traballar duro para cambiala, pois as veces o director non quere.

Ás Academias de Cine dar premios, como os Goya, vénlles ben porque obteñen un rendemento económico.

A cultura nace da xeografía. Por que un señor do Norte recolecta e garda, e un do Sur non? Porque no Sur non fai falta e nesta esquina -Fisterra- si. Os que viñan a invadir chegaban máis salvaxes ou máis mansos segundo o sitio onde chegaban; o cal fíxonos desconfiados e por iso dicimos depende.

Nunha escena memorable de As bestas o actor contesta nun bar con xestos, sen palabras, cunha expresividade que moi poucos son quen de transmitir.

No mundo do cine hai catro bloques: os produtores, a parte financeira, a industrial e os distribuidores. O produtor é  o que fai posible que unha idea chegue á pantalla. Para iso hai que ter a capacidade de coller historias que cheguen ao público, para que facelo senón?

Segundo Xosé Manuel, o Homo sapiens subsistiu ao de Cromañón non por ser o máis forte. Fíxoo pola súa capacidade de contar historias na cova. Como facía o chamán na antigüidade. Era a maneira de transmitir a cultura á seguinte xeración como contador de historias. 

Contador de historias
Comentarios