22/6/25
Vai de cine
Meu amigo Xosé leva traballando trinta anos nunha empresa de consultaría do sector audiovisual que dende 2020 tamén se dedica á produción de películas.
Hasta hai pouco meu amigo Xermán subía e baixaba correndo ao Pedroso dúas veces á semana sen pestanexar. Agora pasea polas rúas de Santiago porque seus ósos, con razón, dixéronlle que tiña que facer as cousas con sentidiño.