Joan Ribot Margarit naceu en Sabadell en 1958. Vive en Galicia dende 1981. É Licenciado en Dereito pola Universidade Central de Barcelona e Master en Emigración e inmigración, aspectos xurídico-económicos e procesos de integración socio-laboral pola Universidade de Vigo. Forma parte do Corpo Técnico da Seguridade Social e do Corpo Superior da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia; e colaborou en “El Correo Gallego” durante máis de vinte anos, escribindo numerosos artigos.
Despois de ver os millóns de mortos que ocasionou a Segunda Guerra Mundial -a maioría civís- a comunidade internacional quedou arrepiada; buscando fórmulas para deter aos Estados que incumprían os dereitos declarados na Carta das Nacións Unidas e, polo menos, quedaran retratados ante os ollos de todos.
Os calendarios sen fotos ou debuxos, que marcan soamente o día, son útiles para organizarnos e planificar; pero só cobran vida cando sabemos enchelos de imaxinación, tenacidade e ilusión.
Á estrela encántalle recordar a viaxe que fixo hai dous mil anos porque, de ter saído mal, os Reis magos non tiñan chegado á cova e o Neno tíñase quedado sen os seus agasallos.
A penúltima vez que fun o dentista no 2020 tiveron que sacarme tres moas en tres sesións diferentes, deixando quince días entre cada unha para que me relaxara.
O pasado 17 de outubro, a Rede Europea de Loita contra a Pobreza (EAPN- España), coincidindo co Día Internacional da Pobreza, celebrou un acto no que se deu conta da situación deste grave problema.
Hai uns días presentáronme a Xurxo, quen pasou varios anos tocando en Santiago no Arco de Xelmírez -o cal permite pasar da Praza da Inmaculada ao Obradoiro-.
Ao recoller ás miñas irmás no aeroporto de Labacolla o 3 de agosto pasado, o primeiro que lles dixen, emocionado, foi que “Esta viaxe xa a fixen varias veces”; pois tiña bastante pensado o plan dos días que pasaríamos xuntos.
Contemplar a paisaxe é moi sa porque o contacto coa natureza enriquece. Igual que interactuar coas persoas que temos ao carón en cada momento. Por que?: porque ámbalas dúas permítennos movernos na realidade que vivimos e somos.
As persoas e os pobos que saben celebrar son máis felices. Quen celebra sabe poñer en primeiro plano ao mellor da vida, poñéndoo no centro; e relegar e empequenecer o que saíu mal, depositándoo nun lugar difícil de atopar.
Meu amigo Xosé leva traballando trinta anos nunha empresa de consultaría do sector audiovisual que dende 2020 tamén se dedica á produción de películas.
No Informe El Estado de la Pobreza que EAPN- España (Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión social) presentou a semana pasada, analízanse os datos da última Enquisa de Condicións de Vida, correspondentes ao ano 2024, a cal utiliza indicadores homologados na Unión Europea.
Ao chegar a El Prat dende Labacolla o plan inicial de achegarme a Sabadell en taxi mudou de súpeto porque, aos cinco minutos de collelo, meu irmán Albert chamoume para dicirme que fora á universidade -onde estaba- para ir xuntos a Sabadell no seu coche.
Cando nos achegamos á súa casa, Sonia non tiña comezado a preparar as comidas porque estaba tentando montar unha maceteira vertical que tiña mercado en Ikea, sen dar feito.