lunes. 03.11.2025

Paseando con Laura

Cando nos achegamos á súa casa, Sonia non tiña comezado a preparar as comidas porque estaba tentando montar unha maceteira vertical que tiña mercado en Ikea, sen dar feito.

A andaina do venres en Oroso proposta por Laura, que vive alá, rematou dun xeito diferente do esperado. E non porque non se cumpriran as expectativas, senón porque se acadaron sobradamente.

A idea era non andar moito porque a Laura doíalle o pé, e despois ir a ver a súa horta. Pero cando Brais e eu chegamos a Oroso en coche á hora que quedamos, sobre as 17 h, Laura non apareceu; aínda que non nos preocupamos porque nos comentou que antes tiña que ir á perruqueira e adoita haber retrasos.

Deste xeito Brais e eu aproveitamos para pasear un intre polo río ata que apareceu, dicindo que se confundiu e que a perruqueira esperábaa ás 18,30 h; levándonos logo a súa casa a merendar.

Ao rematar, Laura telefonou a súa amiga Sonia dicíndolle que Brais e eu íamos a ir a súa casa andando, que dista cinco km, e que ao saír da perruqueira achegaríase alá co seu coche. A pesares de que Sonia acababa de chegar de Vigo e tiña que preparar a comida para dous convidados o sábado e para outros tantos o domingo e o luns, non soubo dicirlle que non e alá nos plantamos despois de andar unha hora.

Cando nos achegamos á súa casa, Sonia non tiña comezado a preparar as comidas porque estaba tentando montar unha maceteira vertical que tiña mercado en Ikea, sen dar feito.

Sorte que Brais, logo de mirar as instrucións polo miúdo, entendeu como se montaba aquel xeroglífico e acabou montándoo despois de varios intentos. A partir de entón, pasamos de okupas a salvadores, e sacounos afora a ver aos arredores.

No xardín tiña unhas bonecas colgadas dunhas cordas, algunhas ao revés e sen vestimenta, comentándonos que era a única forma de espantar aos paxaros; o cal púxome os pelos de punta. Tamén nos ensinou o campo de basquet e a piscina da comunidade de veciños, que pola súa lonxitude e pouca profundidade non precisa ter socorrista.

Sobre ás 21 h Laura apareceu co seu noivo Iago e fomos todos á horta. A horta de Laura non tiña plásticos nin redes porque é ecolóxica. Aínda que Iago non estaba de acordo con isto porque sempre que aparece unha cereixa sa comen os paxaros, e defende o dereito de gozalas de quen as traballan sementándoas e removendo a terra.

De volta a casa de Sonia, sobre as 22 h, Sonia convidounos a Coca-Colas light e cervexas, e Laura encargou dúas pizzas que foi a buscar en coche con Iago, sobre as 23 h, porque lle dixeron que antes non era posible. Estaban deliciosas.

Sobre as 23,45 h despedímonos, agradecendo a Sonia a súa hospitalidade; e Laura e Iago leváronnos en coche ata Oroso para coller o coche que tiñamos aparcado alí e volver a Santiago.

O plan non saíu como estaba previsto, pois Brais e eu camiñamos oito quilómetros e Laura ningún, e tivo unha duración de sete horas en vez das dúas previstas; pero acabou converténdose en una gran aventura. Por iso, a próxima vez que Laura volva a convidarnos a pasear, Brais e eu volveremos a dicirlle que si sen dubidalo nin un segundo.

 

Paseando con Laura
Comentarios