jueves. 28.03.2024

O Instituto Nacional de Estatística (INE) acaba de facer públicos os datos do Padrón de Españoles Residentes no Estranxeiro, Pere, a 1 de xaneiro de 2022, que ven a evidenciar novamente que o número de galegos do exterior nados en Galicia continúa a descender, mantendo así a tendencia que se ven experimentando dende fai varios anos.

Deste xeito, o número de emigrantes galegos volve baixar un ano máis, como nos últimos sete anteriores, mentres a poboación galega que reside no exterior segue a incrementarse, ata alcanzar os 529.038, 5.182 máis que no 2020.

Esta diferenza explícase, principalmente, polo aumento da cifra de descendentes dos cidadás galegos que viven no estranxeiro e que xa naceron no país de residencia. Así, mentres que hoxe residen 5.182 galegos máis ca o ano pasado fóra das nosas fronteiras, o número de emigrantes nacidas e nacidos na comunidade que viven no exterior é de 1.445 menos, e sitúase actualmente en 146.423 persoas.

Os datos aportados polo PERE demostran que os descendentes de galegos aumentan o seu número mentres descende o número de emigrantes. Así, en Arxentina, aumentou o número de galegos residentes pasando dos 181.416 de 2021 aos 182.633 mentres baixou o de galegos nados na comunidade autónoma de 42.959 a 42.884. O mesmo sucede en Brasil, onde aumentou o número de galegos residentes de 49.593 a 49.970 pero baixou o de emigrantes de 11.059 a 10.980, e tamén en Europa: Suíza aumentou de 41.169 a 41.285 o número de residentes con padrón galego e baixou o número de galegos autóctonos de 18.951 a 18.633, e na Alemaña volve a acontecer o mesmo, aumentando de 17.600 a 17.717 os residentes e pasando de 8.020 a 7.963 os nados en Galicia.

Nova realidade migratoria

Esta realidade demográfica constitúe unha oportunidade para Galicia, que conta cun importante aliado fóra das nosas fronteiras para superar o reto demográfico que está a atravesar, non só a comunidade, senón toda España. Estas cifras reflicten, ademais, unha consolidación da tendencia migratoria iniciada nos últimos anos, que pon de manifesto o labor fundamental que está a levar a cabo o Goberno galego a través da Estratexia Galicia Retorna.

Volve baixar o número de emigrantes galegos