viernes. 26.04.2024

Galicia pechou o primeiro trimestre do ano sendo a 3ª Comunidade Autónoma con menor endebedamento por habitante de España. Así, a débeda por habitante sitúase en Galicia nos 4.349 euros fronte aos 6.513 euros da media de comunidades, co que cada galego debe hoxe 2.164 euros menos que a media autonómica.

Os datos de débeda segundo o Protocolo de Déficit Excesivo (PDE) publicados hoxe polo Banco de España mostran tamén que Galicia ampliou ata 7,3 puntos o diferencial de débeda coa media autonómica, o máximo histórico. O organismo regulador tamén volve situar á Comunidade Autónoma de Galicia como a terceira de réxime común con menor endebedamento de toda España.

En concreto, a ratio de débeda/PIB de Galicia situouse no 20,4% ao peche do primeiro trimestre do ano e subiu medio punto con respecto ao cuarto trimestre de 2020 para facer fronte ás necesidades extraordinarias derivadas da pandemia. Este indicador é 7,3 puntos inferior ao da media de comunidades (27,7%) e só superior ao de dúas comunidades autónomas de réxime común, Canarias e Madrid.

VOLUME DE DÉBEDA

En canto á evolución do volume de débeda, os datos do Banco de España indican que a débeda do conxunto das comunidades autónomas situouse nos 307.316 millóns de euros, dos cales o 3,8% -11.738 millóns- se corresponden coa Comunidade Autónoma de Galicia.

O Banco de España ratifica ademais que Galicia é a comunidade autónoma con menor aumento de volume de débeda desde o ano 2008, exercicio no que comezou a tendencia ascendente na evolución do endebedamento no conxunto das administracións públicas de España, incluídas as comunidades autónomas.

A redución do endebedamento nos últimos exercicios fai que Galicia estea nunha mellor posición financeira para responder ás esixencias económicas derivadas dos efectos negativos do coronavirus e para poder seguir combatendo a pandemia, impulsar a reactivación económica e atender as necesidades das familias, pemes e autónomos.

DÉBEDA POR HABITANTE

  1ºT 2021
1Canarias2.982
2Andalucía4.138
3Galicia4.349
4Extremadura7.799
5Asturias4.833
6País Vasco4.989
7Madrid5.233
8La Rioja5.238
9Castilla-León5.429
10Navarra5.708
11Cantabria5.735
 MEDIA CC.AA.6.513
12Aragón6.585
13Murcia7.182
14Baleares7.413
15Castilla-La Mancha7.664
16Valencia10.150
17Cataluña10.502

RATIO DE DÉBEDA/PIB POR CCAA

  1ºT
2021
1Canarias15,9
2País Vasco*16,4
3Madrid16,5
4Navarra*20,0
5GALICIA20,4
6La Rioja20,9
7Asturias23,1
8Andalucía23,7
9Castilla-León24,3
10Aragón25,8
11Cantabria26,4
12Extremadura27,5
TOTAL CCAA27,7
13Baleares29,9
14Murcia37,5
15Cataluña38,0
16Castilla-La Mancha41,0
17Comunidad Valenciana49,4

Cada galego debe 2.164 euros menos que a media autonómica