jueves. 25.04.2024

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou este xoves a aprobación no Consello da da nova Estratexia de Formación Profesional que investirá 900 millóns de euros ata 2024 para consolidar a rede de centros de excelencia e fortalecer a formación adaptada ás persoas e ao tecido produtivo.

Durante a rolda prensa, Feijóo precisou que esta folla de ruta contén sete eixes e 44 medidas concretas para seguir mellorando este modelo de ensinanza, facendo fincapé en aspectos como a presenza da FP no rural e o impulso da empregabilidade.

“Estamos a falar dun novo pulo para formar e facilitar o acceso ao emprego; recoñecer as competencias profesionais adquiridas; reducir a fenda entre a formación e as demandas do tecido empresarial; aumentar a colaboración coas empresas; e potenciar a FP no marco dos Sistemas de Xestión de Calidade”, dixo, a modo de resumo.

Para acadar estes obxectivos, o titular da Xunta subliñou que a nova estratexia centrarase, en primeiro lugar, na formación adaptada ás persoas e ao sistema produtivo, ademais de investir no profesorado e en infraestruturas. Unha aposta que permitirá impulsar a formación personalizada e as dobres titulacións; estreitar as relacións coas empresas, potenciando a colaboración público-privada; e potenciar o rural, cunha oferta adaptada ás súas particularidades.

No tocante ao reforzo da Rede de centros de excelencia, Feijóo afirmou que esta levarase a cabo a través do novo Centro Galego de Innovación da Formación Profesional en Ourense, que será referente no noroeste de España; así como coa ampliación da rede para dar cobertura a todo o territorio galego e coa especialización nas diferentes familias profesionais. Sobre este punto, avanzou que cada centro deberá elaborar un plan funcional que recolla os obxectivos e indicadores de boas prácticas fixados pola Administración.

En relación á innovación e dixitalización, o presidente do Goberno galego asegurou que o Centro de Ourense achegará novas oportunidades nestes eidos. E, en relación ao cuarto piar: a internacionalización, resaltou a aposta por incrementar as estadías do alumnado e do profesorado no estranxeiro, ademais de ampliar a presenza do plurilingüismo.

“E seguiremos tamén aproveitando a gran empregabilidade amosada por este modelo educativo, con accións para aumentar a demanda nas ensinanzas con alta inserción, con actuacións para favorecer a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, e coa difusión das capacidades dos ciclos entre potenciais estudantes e empresas”, engadiu.

En sétimo e último lugar, Feijóo incidiu na necesidade de seguir colaborando coas empresas, a través de iniciativas do auto-emprego e o contacto con líderes en xestión empresarial que guíen e motiven ao alumnos.

A nova estratexia de FP