Tui celebra o 14º aniversario da Eurocidade con un concerto conxunto co Conservatorio e a Academia de Valença
O Teatro Municipal acollerá o 7 de febreiro, ás 20.00 horas, unha proposta intercultural que rematará co Himno da Alegría en galego e portugués e entrada libre ata completar aforo.