martes. 16.06.2026

O carballo de Buchenwald

O coñecemento é unha soa árbore; ciencias e humanidades, dúas pólas do mesmo tronco. Demóstrano os que máis souberon.
Ilustración DL-G.
Ilustración DL-G.

Cada xuño, o mesmo titular: o alumno brillante que, podendo escoller calquera cousa, "malgasta" a súa nota nunha carreira de letras. Esta semana houbo dous —Juan Mosquera, un 13,64 sobre 14, marcha a Filoloxía Galega; Sabela Martínez vai a Harvard a doutorarse en Filosofía—. Dío todo que isto sexa noticia, e que a xente de letras teña que andar sempre xustificándose —que se ten saídas, que se forma o pensamento crítico—, como se o saber precisase coartada. A ninguén se lle debería preguntar para que quere coñecer o mundo.

Pero ningunha póla da árbore nos salva por si soa. No centro do campo de exterminio de Buchenwald erguíase un carballo que os SS coidaban con esmero: era a árbore onde Goethe se sentaba a escribir.

En 1959, en Cambridge, o escritor e físico Charles Percy Snow denunciou que as "dúas culturas", a científica e a humanística, vivían de costas unha á outra. Os letrados escandalizaríanse ante un científico que non lese a Shakespeare, pero eles mesmos eran incapaces de enunciar a segunda lei da termodinámica. O muro segue a existir, nas dúas direccións.

O coñecemento é unha soa árbore; ciencias e humanidades, dúas pólas do mesmo tronco. Demóstrano os que máis souberon. Goethe, o poeta nacional alemán, escribiu tratados de botánica. E aquí mesmo, o Seminario de Estudos Galegos xuntou en 1923 a xeógrafos, historiadores, naturalistas e musicólogos para pensaren o país enteiro, décadas antes de que Snow lle puxese nome a ese divorcio. Unha cabeza ben pensante nunca ten crido nas dúas culturas.

Porque non hai tecnoloxía neutral, nin algoritmos sen unha filosofía detrás: as humanidades non lle piden permiso á ciencia; xa están dentro dela.

Pero ningunha póla da árbore nos salva por si soa. No centro do campo de exterminio de Buchenwald erguíase un carballo que os SS coidaban con esmero: era a árbore onde Goethe se sentaba a escribir. Weimar, capital do humanismo alemán, quedaba preto. E a man que asinaba as deportacións ás cámaras de gas emocionábase, pola noite, escoitando a Wagner. Velaquí a falacia que cómpre desmontar dunha vez: a filosofía e as letras non outorgan  pensamento crítico nin bondade. A cultura, por si soa, non fai mellores as persoas.

O carballo de Buchenwald, que unha bomba acabou queimando, está aí para lembrárnolo; xa o vira, dende o exilio e xusto antes de morrer, o escritor austríaco Joseph Roth, que lle dedicou en 1939 o seu derradeiro artigo.

Tampouco a ciencia nos redime. Cando estoupou a primeira bomba atómica, no deserto de Novo México, o físico que dirixira a súa creación, Robert Oppenheimer, botou man dun verso: lía sánscrito, e veulle á memoria unha liña do Bhagavad-gita: "Convértome en Morte, destrutora de mundos". A ciencia acababa de inventar un mundo novo, apocalíptico, e foron as letras as que tiveron que nomealo. Velaí a unión, tan fértil como terríbel, das dúas culturas. Porque non hai tecnoloxía neutral, nin algoritmos sen unha filosofía detrás: as humanidades non lle piden permiso á ciencia; xa están dentro dela.

A verdadeira resposta é unha formación temperá, continua e de veras integral. Empezan a verse sinais —graos novos que volven xuntar matemáticas e filosofía, como quen restaura o vello quadrivium—, pero son aínda illas. E non abonda con xuntar as dúas pólas: hai que atalas á raíz, que é a conciencia ética, esa que tamén debería aprenderse fóra das aulas, día a día.

O que o século XXI nos esixe —ante a intelixencia artificial, ante o cambio climático, ante o poder novísimo de reescribir o que significa ser humano— non son máis sabios nunha póla ou na outra. Pídenos seres enteiros: humanidade, e non só humanidades. O carballo de Buchenwald, que unha bomba acabou queimando, está aí para lembrárnolo; xa o vira, dende o exilio e xusto antes de morrer, o escritor austríaco Joseph Roth, que lle dedicou en 1939 o seu derradeiro artigo. Porque unha mesma árbore pode dar sombra a un xardín ou a un campo de exterminio, e a diferenza nunca está nas pólas, senón nas raíces.

O carballo de Buchenwald
Comentarios