viernes. 29.03.2024

Conquista o teu propio espazo

Hoxe incorporamos a nosa sección de opinión ao experimentado columnista Joan Ribot. Con unha ampla traxectoria, Ribot comeza a súa andaina no Diario Luso-Galaico e desesámoslle moitos éxitos nas súas columnas e seguro que vai ser moi lido polos nosos lectores.  REDACCIÓN. 

No centro comercial das Cancelas de Santiago hai un anuncio nun local que di ”Conquista o teu propio espazo”, co teléfono de contacto para alugalo. E un pouco máis adiante hai outro que di “Espazo para a creación”.

Nada máis velos, ámbolos dous espertaron o meu interese. Conquistar o propio espazo, relacionando o dito reto coa creatividade e cousas que paguen a pena, motiva. Quen non soñou algunha vez en moverse en espazos, non só físicos, que teñan estas características?

Cando paseamos por un sitio cheo de árbores, auga e herba, escoitando o son dos animais, revitalizámonos. Será porque a harmonía, a serenidade e a beleza que atopamos fóra penetra no noso interior? O contacto directo coa natureza achega cousas que non ten o mundo dixital, regalándonos baños de realidade que este é incapaz de darnos.

O espazo físico no que nos movemos, a maioría das veces, non o eliximos. Vivimos nun barrio concreto, traballamos nunha empresa que quizás non satisfai as nosas expectativas, e os nosos horarios impídennos dedicar á familia o tempo que desexaríamos.

Conquistar o propio espazo, relacionando o dito reto coa creatividade e cousas que paguen a pena, motiva. Quen non soñou algunha vez en moverse en espazos, non só físicos, que teñan estas características?

Se os lemas que suxiren os locais baleiros das Cancelas fixeran referencia a viaxar á lúa, subir ao Everest ou baixar ás profundidades do mar, ninguén os alugaría. Pero se, como parece, motivan a crear espazos que xeren ilusión e creatividade no día ao día, a cousa cambia.

En circunstancias similares, uns son felices e sorrín e outros non. Será por que os primeiros teñen un xene distinto que os fai diferentes? Ou, máis ben, por que souberon “conquistar” esa maneira de ser e abordar a realidade partindo de cero?

A actitude de conquista para a creación de espazos soñados de ben e beleza é o primeiro paso para alcanzalos. Mentres quen se esforza por ver o positivo que teñen as persoas e as cousas acaba vivindo nun mundo máis estimulante e acolledor, quen non o intenta non acaba descubríndoo nunca.

A creación de espazos de felicidade na vida persoal e social, aínda que isto inflúa, non depende só do propio temperamento. Tamén depende da determinación de construír un mundo propio con materiais capaces de darnos e dar a felicidade a quen nos arrodean.   

Se nos gustase ter a nosa casa pintada de azul e mercamos pintura branca para pintala, o resultado sería fatal. Os espazos de felicidade, aínda que rezar axuda, non caen do ceo por arte de maxia. Para crealos hai que rexeitar os materiais que a experiencia nos din que nos fan dano e optar por aqueles que nos achegan felicidade. Pero para acadalos, como din o anuncio das Cancelas, é preciso buscalos, traballalos e conquistalos sen desanimarse nunca.

Joan Ribot / Técnico da Seguridade Social

Conquista o teu propio espazo
Comentarios