lunes. 29.04.2024

Somos aeronautas!

Despois de seis anos de intentar subirnos a un globo, por fin conseguímolo. A primeira, no 2017, quedou en intento porque o día anterior a saír dixéronnos que non nos confirmarían se sería posible ata as seis da mañá do día seguinte, no que nos chamaron dicindo que o voo quedaba cancelado polo vento.

Despois de seis anos de intentar subirnos a un globo, por fin conseguímolo. A primeira, no 2017, quedou en intento porque o día anterior a saír dixéronnos que non nos confirmarían se sería posible ata as seis da mañá do día seguinte, no que nos chamaron dicindo que o voo quedaba cancelado polo vento.

Pero esta vez durante as miñas vacacións, que pasei en Barcelona, non houbo problema e acadamos o noso obxectivo. De acordo co previsto, o 10 de setembro ás 6,40 horas presentámonos no aeródromo da Cerdanya, de onde ese día saíron tres globos aerostáticos. Na viaxe que tiñamos concertada, xunto o piloto, fomos oito persoas; entre elas meus irmáns Josep, Albert e Nuri e eu, que non puidemos subirnos ao globo no 2017 e nos xuramentamos en non parar ata logralo.

O promotor principal da viaxe foi Albert, quen nos dixo que subir a un globo era unha experiencia única. Experiencia que non consistía só en voar, senón en ver como se preparaba o artefacto, contemplar a saída do sol dende as alturas e comprobar como se recollía o globo despois de aterrar.

Cando chegamos á zona de herba do aeródromo prefixada coñecemos aos nosos compañeiros da viaxe, que resultaron ser dous matrimonios de Barcelona e Zaragoza; os cales, como nós, ían realizar o seu primeiro voo.

Mentres Keith, o piloto, que naceu en Inglaterra, nos explicou o que íamos a vivir, el e a súa axudante ofrecéronnos café e galletas para “crear equipo” e sacaron o globo dunha caixa bastante pequena. A primeira sorpresa foi comprobar como a longa tea que conformaba o globo cabía naquela pequena caixa -pareceume maxia-; así como o diminuto tamaño da cesta na que íamos a viaxar, a cal estaba dividida en tres partes: as de diante e atrás para catro pasaxeiros, e a do medio para o piloto e os quemadores.

Preparar a saída, en plena escuridade, levounos uns vinte minutos, colaborando todos en estender a bolsa, que foi abríndose lentamente conforme o aire quente do quemador ía entrando nela.

Antes de despegar, Keith díxonos que no momento de aterrar tiñamos que agarrarnos a algunha das argollas da cesta e agacharnos, flexionando as pernas, porque nalgunha ocasión algún pasaxeiro saíu disparado por non facelo. O comentario fixo gracia á maioría menos a min, que quedei bastante asustado. Tanto que non soltei as mans da argolla que tiña diante en ningún momento da viaxe por medo a caerme; e fun o único que non xirou a cara para ver a marabillosa saída do sol que viron todos.

Conforme íamos subindo, Keith -que se decatou de que eu estaba algo “tocado”- explicounos que comezou a ir en globo co seu pai, piloto, dende os sete anos, levaba 1.200 horas de voo encima e os globos eran moito máis seguros que os avións.

A altura que collemos superou os dous mil metros, rexeitando subir máis porque arriba o vento era máis forte e podía levarnos preto dunha das montañas do vale que había que evitar.

Polo que entendín, os globos non teñen propulsor e déixanse levar polas correntes de aire, controlan a altura mediante o quemador para ascender (gas de aire quente) e unha válvula na súa parte superior que arrefría o aire interior a demanda para descender.

O momento que máis gocei, sen dúbida, foi o da aterraxe, as 8,10 horas; pois, a diferenza dos demais, tiña ganas de volver a tocar terra canto antes. Como nos explicou Keith, tratábase de aterrar nun sitio que non houbera cabalos -para non asustalos- nin, a ser posible, cultivos.

Despois de aterrar, axudamos a colocar a extensa tea do globo na pequena caixa na que misteriosamente cabía todo e, para celebralo, Keith convidounos a un cava e uns carquinyolis.

Ao día seguinte, ao recibir o diploma da viaxe por email, encheime de orgullo. O certificado dicía: “Bautismo dos aires. Joan flotou en silencio dentro dos ventos na barquita do Globus aerostático EC-GEX máis ou menos pilotado por Keith Vinyet no ceo da Cerdanya o 10 de setembro do 2023. O firmamento non e o límite, é tan só o belo comezo. Asinado: o piloto e o novo aeronauta”. Agradezo a experiencia vivida a Montse, a miña irmá pequena, quen ao decatarse de que ao final ese día eu ía a poder chegar ás 6,40 horas para subir ao globo e só podíamos ir catro, obrigoume a usar o seu ticket dicindo que tiña previsto facer este voo proximamente cunha amiga.

Somos aeronautas!
Comentarios