miércoles. 01.05.2024

Heroes do fútbol

Cando na solución dun problema intervén un neno, como sucedeu coa carta que Souleymane enviou á FIFA para poder competir (seu nome é ficticio para protexer a súa intimidade), a posibilidade de solucionalo é maior.

Cando na solución dun problema intervén un neno, como sucedeu coa carta que Souleymane enviou á FIFA para poder competir (seu nome é ficticio para protexer a súa intimidade), a posibilidade de solucionalo é maior.

Ata hai pouco a FIFA, baixo o pretexto de defender aos menores, non deixaba que os nenos en situación irregular puideran xogar nos partidos das federacións infantís e xuvenís, agás que foran refuxiados.

As protestas das súas familias de acollida, dos clubs de fútbol afeccionados e das ONG foron constantes. Por que un neno que adestraba e se esforzaba como os seus compañeiros non podía xogar e os outros si?

A batalla para cambiar este criterio foi longa e, ata que Souleymane non escribiu a súa carta, todas as reclamacións foron inútiles. Segundo a FIFA trataba de evitarse que os clubs profesionais separaran aos nenos especialmente dotados para o fútbol das súas familias por intereses económicos.

Cando atendendo á petición dun xulgado de menores, en novembro do 2022, a FIFA dixo que ía a aplicar a todos os nenos recoñecidos como vulnerables polo Estado a excepción humanitaria prevista para os refuxiados prevista no Regulamento sobre o Estatuto e a Transferencia de Xogadores, parecía que todo estaba solucionado. Pero na práctica non cambiou nada e Souleymane e os miles de nenos que estaban na súa mesma situación en moitas cidades  seguiron sen poder xogar.

Pero no pasado mes de febreiro, despois de que Souleymane escribira á FIFA pedindo xogar, esta contestou que aceptaba a súa ficha, decidindo aplicarlle a mesma excepción que aos refuxiados. A súa carta, educada pero contundente, comezaba así: “Señores do fútbol, son un neno de 11 anos que quere xogar. Levo adestrando case dous anos e esforzándome para poder xogar pronto cos meus compañeiros de equipo. Eles tamén queren xogue e sempre me están preguntando cando poderei xogar. Gústame moito xogar de media punta, nos adestramentos sempre me esforzo o máximo".

Souleymane, que naceu en Mali, ten doce anos, admira a Vinicius e chegou en patera a Canarias no 2021, deu a coñecer os seus sentimentos á FIFA cunha gran sinxeleza: "Non entendo porque a eles lles deixan xogar e a min non, a única diferenza entre eles e eu é que son negro e nacín en África. É o que menos debería importar, pero neste caso no é así... Durante moito tempo estiven preguntando cada semana se ía a poder xogar o seguinte partido. Houbo un momento no que pensaba que si ía a poder xogar, iso foi cando a miña nai achegou todos os papeis que pedía a federación. Fíxenme ilusións, pero ao final díxome a FIFA que non".

Polo efecto que tivo a súa carta, parece que os nenos teñen bastante máis capacidade que os adultos para solucionar determinados problemas. Será por que teñen menos prexuízos e razoan mellor? De escoitalos máis en foros como a ONU ou os cumios contra a fame ou a guerra, as cousas nos irían mellor. Moitísimas grazas Souleymane porque non che rendiches nunca e conseguistes abrir o mundo do deporte aos miles de nenos que, como ti, merecían xogar cando o adestrador do seu equipo o consideraba axeitado por razóns técnicas sen máis!

Joan Ribot /Técnico da Seguridade Social

Heroes do fútbol
Comentarios