lunes. 15.04.2024

O desemprego volve situarse en Galicia por debaixo das 130.000 persoas no mellor marzo da serie histórica

A comunidade pechou marzo con 129.011 galegas e galegos desempregados. “Nunca antes a cifra de paro foi tan baixa nun mes de marzo”, indicou a conselleira, quen destacou que respecto de marzo de 2023 “hai menos galegos en paro nas catro provincias, nas sete cidades e en todos os sectores de actividade”.  
Sede Aspnais en Lugo.
Sede Aspnais en Lugo.

O número de persoas sen emprego volveu caer en Galicia por debaixo das 130.000 ao peche do pasado marzo segundo os datos de paro rexistrado coñecidos hoxe, algo que quixo resaltar na súa valoración a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, feita tras visitar a oficina de emprego de Ourense acompañada da consejera de Economía, Empleo e Industria do Goberno de Aragón, Mar Vaquero. 

A comunidade pechou marzo con 129.011 galegas e galegos desempregados. “Nunca antes a cifra de paro foi tan baixa nun mes de marzo”, indicou a conselleira, quen destacou que respecto de marzo de 2023 “hai menos galegos en paro nas catro provincias, nas sete cidades e en todos os sectores de actividade”.  

A conselleira subliñou a baixada do paro en Galicia en marzo, tanto respecto de febreiro deste ano (-1,20%), como fronte a marzo de 2023 (-9,05%). Galicia foi, de feito, a 4ª comunidade con maior descenso anual en porcentaxe e persoas (-12.836 parados). 

A representante autonómica apuntou ademais que a cifra de menores de 30 anos e de mulleres en desemprego é a máis baixa nun marzo desde que hai rexistros. 

Na evolución anual, o paro rexistrado en marzo mantivo a tendencia á baixa en todos os sectores. Liderou o descenso a industria (-11,99%) seguida da construción (-11,09%). Respecto de febreiro deste ano, este descenso, tamén xeralizado, foi maior nos servizos e no sector primario. 

No caso dos colectivos prioritarios caeu o paro no último ano entre os menores de 30 anos (-13,11%), nas mulleres (-10,41%), e nos parados de longa duración (-3,77%).

En canto ás afiliacións, a comunidade gañou máis de 18.000 cotizantes no último ano (6.577 no último mes) ata situarse en 1.061.595 de persoas, a maior cifra nun mes de marzo desde 2008.

“A Xunta está a facer un esforzo sen precedentes para ofrecer ao mercado laboral os perfís que necesita, modernizando o Servizo público de emprego con 8,5 millóns de euros orzamentados”, apuntou Rivo. Lembrou que o seu departamento abriu a semana pasada a nova oficina de emprego de Cangas e xa completou a implantación da ferramenta tecnolóxica EMi, que permite ao Servizo galego de emprego aproveitar as vantaxes da intelixencia artificial para unha mellor casación da demanda e da oferta laboral. 

A Administración autonómica está a adaptar, por outra banda, a oferta de formación para o emprego ás necesidades do tecido produtivo, mediante o Plan Galego de Formación dotado en 2024 con máis de 117 millóns de euros e, tamén, a través da cooperación cos principais clústeres e asociacións empresariais e coa impartición de microformacións para captar e reter talento.

O desemprego volve situarse en Galicia por debaixo das 130.000 persoas no mellor marzo...
Comentarios