martes. 23.04.2024

Mestre Caninhas, amador de barcos: “Cando eu era un rapaciño, me contaxiei dese ‘gosto’ do meu pai polas embarcacións”

Mestre Caninhas (Manuel Rocha) e Amélio Pereira foron os carpinteiros deste barco Água-arriba; levoulles 117 días e un total de 935 horas de traballo construír a réplica de 15,50 metros de eslora e 3,50 de manga. A embarcación ten capacidade para 30 persoas, cun peso de cerca de 2 toneladas, peso que aumenta entre 200 e 300 quilos despois de mergullado na auga. Foi construída en 2019. 

O barco de Água-arriba de Ponte de Lima é unha réplica –aínda que non eran idénticos estes barcos de madeira- da embarcación tradicional que movía polo río mercadorías e persoas desde Viana a Ponte da Barca. Embarcacións a vela ou con longas varas que ás veces precisaban da tracción animal desde a beira do río ou aproveitaban tamén as mareas.

En 2019, Ponte de Lima apoiou a construción dunha embarcación de Água-arriba para fomentar o turismo náutico no río Lima e mostrar a tradición.

Mestre Caninhas (Manuel Rocha) e Amélio Pereira foron os carpinteiros deste barco Água-arriba; levoulles 117 días e un total de 935 horas de traballo construír a réplica de 15,50 metros de eslora e 3,50 de manga. A embarcación ten capacidade para 30 persoas, cun peso de cerca de 2 toneladas, peso que aumenta entre 200 e 300 quilos despois de mergullado na auga.

Diario Luso-Galaico entrevistou estes ‘carpinteiros de ribeira’ que non queren ser así rexistrados.

Mestre Caninhas lembra que xa o seu pai tiña barcos, aínda que non os facía el. “Cando eu era un rapaciño, me contaxiei dese ‘gosto’ do meu pai polas embarcacións”, declara.  

Logo emigraría e, ao volver 30 anos despois, Mestre Caninhas conta que “o primeiro que fixen foi un ‘barquinho’. E destaca a motivación pola convivencia co río Lima. Pero, despois deste barco fixo un segundo, logo un terceiro...e agora xa son dezaseis as embarcacións que construíu “este amador dos barcos” que non quere ser clasificado como carpinteiro de ribeira.

Caninhas está a facer realidade os seus soños e xa hai proxectos de fabricar máis barcos en ‘parcería’ coa Câmara Municipal de Ponte de Lima.

Este barco móvese cun pequeno motor. A vela ten que ter un mastro desmontable xa que a ponte non permite pasar cun mastro normal. Con 20 ou 30 persoas, non é aconsellable navegar con esta embarcación a vela.

No Lima houbo, hai anos, algún accidente navegando a vela no que morreron dúas persoas, conta Caninhas. Por iso este proxecto de novas embarcacións esixe tamén formar barqueiros, pois os de antes xa non quedan. Como di Mestre Caninhas, ‘fóronse’, e el aínda coñeceu a algún.

Diario Luso-Galaico fixo esta travesía cun grupo de bloggers galegos. O tempo ameazaba chuvia pero non caeu. Amélio Pereira dicía que tivemos sorte e sintetizaba así: “Nós ‘apresentámonos’ para o que Deus ‘quijer’. Esta nubrado, pero gocen disto”.

Esta é a historia do transporte de auga. Cando imos á desglobalización, Ponte de Lima rescata do tempo a embarcación tradicional  e sostible para dar a coñecer mellor o seu patrimonio.

 

Mestre Caninhas, amador de barcos: “Cando eu era un rapaciño, me contaxiei dese ‘gosto’...
Comentarios