jueves. 28.03.2024

O Belén Artesanal en Movemento de Valga, que xurdiu no ano 1995 e está catalogado como Festa de Interese Turístico de Galicia, conxuga a tradición relixiosa propia destas iconografías con elementos de actualidade grazas a meses de traballo dos seus organizadores e nesta edición conta con 4.500 pezas, con centos delas articuladas en movemento, espalladas nunha superficie de 400 m2.

Esta representación, que ten entrada de balde e poderá contemplarse ata o domingo 10 de xaneiro, foi louvada pola delegada territorial, que sinala que “conta cunha gran beleza coral e cunha extrema precisión nos detalles, polo que é normal que reúna a decenas de milleiros de persoas procedentes de toda Galicia en cada edición”. Nesta ocasión, o Belén Artesanal conta cun detallado protocolo de seguridade sanitaria fronte á covid-19, que foi destacado pola delegada territorial para preservar a saúde dos asistentes.

CITA DE INTERESE TURÍSTICO

A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, destacou esta tarde a “gran capacidade” de Galicia para ofrecer destinos, eventos e atractivos “seguros e de gran calidade” durante a súa visita ao Belén Artesanal en Movemento de Valga, que é unha das case 200 citas de interese turístico coas que conta a comunidade autónoma.

“Ao longo dos últimos dez anos Galicia experimentou un gran avance no eido turístico e está a aproveitar as súas infinitas riquezas e expresións neste campo para ofrecer, ás portas dun histórico Xacobeo 2021, innumerables posibilidades do máximo interese para os visitantes e que ademais misturan, en moitos casos, as nosas tradicións e elementos da nosa identidade”, manifestou a representante autonómica.

Luisa Piñeiro puxo en valor o potencial turístico da rexión e a súa capacidade para adaptarse ás circunstancias e ofrecer a maior das seguridades durante o seu percorrido polo Nacemento de Valga na compaña do alcalde, José María Bello, e da presidenta da Asociación Cultural Belén de Valga, María del Carmen Castiñeiras.

Esta representación, que ten entrada de balde e poderá contemplarse ata o domingo 10 de xaneiro, foi louvada pola delegada territorial, que sinala que “conta cunha gran beleza coral e cunha extrema precisión nos detalles, polo que é normal que reúna a decenas de milleiros de persoas procedentes de toda Galicia en cada edición”. Nesta ocasión, o Belén Artesanal conta cun detallado protocolo de seguridade sanitaria fronte á covid-19, que foi destacado pola delegada territorial para preservar a saúde dos asistentes.

Volve o Belén Artesanal en Movemento de Valga