lunes. 20.05.2024

Máis de 2.700 profesionais se incorporaron ás listas de contratación temporal da Xunta de Galicia ao longo deste ano 2021. Estas listas son empregadas para cubrir vacantes, facer substitucións e reforzar os servizos públicos que presta a Administración Autonómica.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe as listas provisionais de admitidos e excluídos para diversas categorías da Administración Xeral ás que veñen de incorporarse un total de 1.591 profesionais.

Entre as listas publicadas figuran a de veterinarios; profesores numerarios; mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros; axentes, mecánicos e patróns do Servizo de Gardacostas de Galicia; xefes/as e oficiais de cociña; gobernantes; ou xefes e oficiais de servizos técnicos.

A elas, hai que sumar os 1.124 profesionais que xa se incorporaron ás listas de contratación temporal para diferentes categorías sanitarias e de emprego social, publicadas de forma anticipada e separada o pasado mes de xullo co fin de ter unha maior dispoñibilidade de profesionais para cubrir vacantes e reforzar os servizos públicos galegos.

CONSULTA DAS LISTAXES

As listas provisionais poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia http://funcionpublica.xunta.gal no apartado de <Listas de contratación>; no Servizo de Atención e Información á Cidadanía, a través do teléfono 012; e nas oficinas de rexistro e atención á cidadanía da Xunta. Os solicitantes disporán dun prazo de dez días hábiles desde hoxe, data da publicación das listas no DOG, para presentar reclamacións.

Máis de 2.700 profesionais incorporáronse ás listas de contratación temporal da Xunta...