viernes. 19.04.2024

Ponte... nas ondas! recibirá o premio especial do xurado na sétima edición da gala aRi[t]mar

O representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, destacou un ano máis a “importancia de aRi[t]mar como festival de actualidade para a música e poesía galegas e portuguesas, o que atrae a moita mocidade”. Ademais, quixo facer unha “mención especial este ano para o colectivo Ponte... nas ondas!, que xusto acaba de ser recoñecido pola Unesco no Rexistro de Boas Prácticas”.
O secretario xeral de Política Lingüística participa na presentación desta cita da música e poesía galego-portuguesa que se celebra co apoio da Xunta.
O secretario xeral de Política Lingüística participa na presentación desta cita da música e poesía galego-portuguesa que se celebra co apoio da Xunta.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou esta mañá na rolda de prensa na que se deron a coñecer os detalles da Gala aRi[t]mar de música e poesía galego-portuguesas na que colabora a Xunta de Galicia e que reunirá o vindeiro xoves 15 de decembro no Teatro Principal de Santiago a parte dos galardoados nesta edición 2022.

O representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, destacou un ano máis a “importancia de aRi[t]mar como festival de actualidade para a música e poesía galegas e portuguesas, o que atrae a moita mocidade”. Ademais, quixo facer unha “mención especial este ano para o colectivo Ponte... nas ondas!, que xusto acaba de ser recoñecido pola Unesco no Rexistro de Boas Prácticas”.

Canda o secretario xeral de Política Lingüística tamén participaron nesta rolda de prensa, que tivo lugar no Centro Internacional de Prensa de Galicia, representantes institucionais do Concello de Santiago de Compostela, da Deputación da Coruña, do Agrupamento de Cooperación Transfronteriza Galiza-Norte de Portugal e da Escola Oficial de Idiomas de Santiago.

GALARDÓNS

Na cerimonia, que chega á súa sétima edición, as poetas Lúa Mosquetera e Wilma Vieira recollerán os seus galardóns por teren producido o mellor da poesía en Galicia e Portugal durante este ano polas súas pezas Anorak de pel de Caribú e E se eu fosse eu?, respectivamente. Pola súa parte, a fadista Ana Moura e o cantante galego Xisco Feijóo, son os gañadores no apartado musical polos temas Andorinhas e Peixe.

O proxecto cultural Ponte... nas ondas! recibirá, pola súa banda, o premio especial do xurado á Embaixada da amizade galego-lusófona polo seu quefacer a prol do achegamento entre as culturas das dúas beiras do Miño.

A gala estará conducida por dúas caras coñecidas do mundo do espectáculo: Fran Rei e Isabel Risco. Ademais, contará coas actuacións en directo da artista setubalense A garota não e da galega Catuxa Salom, mentres que Mosquetera e Vieira porán a nota poética ao evento.

As persoas interesadas en asistir poderán recoller de balde as entradas a partir de mañá ás 11,00 h no web de Compostela Cultura. Tamén poderán retirarse no despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural (rúa do Preguntoiro, 1) e do Teatro Principal, aberto este último o mesmo día do evento ata unha hora antes do comezo do mesmo

LEI VALENTÍN PAZ-ANDRADE

aRi[t]mar galiza e portugal é un proxecto didáctico-cultural, desenvolvido inicialmente pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, dependente da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades da Xunta de Galicia. Ten por obxectivo divulgar a música e a poesía galego-portuguesas actuais e achegármonos á súa cultura e á súa lingua, no marco do desenvolvemento da Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento do ensino do portugués e vínculos coa lusofonía.

Ponte... nas ondas! recibirá o premio especial do xurado na sétima edición da gala...
Comentarios