viernes. 26.04.2024

'Imaxinaria. IV Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea'

A IV 'Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea (MiiC). Imaxinaria' ofrece unha escolma de pezas que teñen como alicerce da súa creación a ilustración e elaboradas con moi diferentes técnicas, desde videoxogo, guache, colaxe e cerámica, ata a animación. Non obstante, o denominador común entre todas elas é a creatividade e a imaxinación desbordantes, que impulsan a renovación das linguaxes formais.
I A sala de exposicións convértese nunha auténtica explosión de creatividade da man de traballos innovadores, imaxinativos e atractivos que amosan o mellor da ilustración local e internacional.
I A sala de exposicións convértese nunha auténtica explosión de creatividade da man de traballos innovadores, imaxinativos e atractivos que amosan o mellor da ilustración local e internacional.

Afundación presenta a 'IV Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea (MiiC)', denominada «Imaxinaria», que recolle o traballo de recoñecidos artistas a nivel nacional e internacional. A presentación a medios tivo lugar este martes na Sede Afundación Santiago e contou coa presenza de Matilde Rodríguez, comisaria da mostra, e Paloma Vela, coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundación. Ás 19.00 h está prevista unha visita guiada a cargo da comisaria. A mostra estará aberta ata o 18 de febreiro de 2013 de luns a sábado de 12.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.30 h.

A IV 'Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea (MiiC). Imaxinaria' ofrece unha escolma de pezas que teñen como alicerce da súa creación a ilustración e elaboradas con moi diferentes técnicas, desde videoxogo, guache, colaxe e cerámica, ata a animación. Non obstante, o denominador común entre todas elas é a creatividade e a imaxinación desbordantes, que impulsan a renovación das linguaxes formais. A imaxinación como refuxio, inspiración e xermolo fundamental do proceso creativo, é a premisa da que parte esta mostra que achega a Santiago de Compostela, un ano máis, o que se está a facer no ámbito da ilustración actual a nivel mundial. Cunha nómina de artistas composta por Aitor Saraiba, Alba Blázquez, Berto Fojo, Cristina Daura, David Fidalgo Omil, Kruella D’Enfer, Magoz, Marcos Navarro, Marta Font, Marylouz Faure, Natalia Umpiérrez, Natasha Lelenco, Nuria Riaza, Olaf Hajek, Perrilla, Rafael Silveira, Twee Muizen e Víctor Castillo, as súas pezas poñen o foco nos seus traballos máis persoais e experimentais. Artistas cun alto perfil multidisciplinar, provenientes de diferentes sectores como a pintura, o cómic, o mural, o graffiti, a animación, a moda, o deseño gráfico ou o tattoo, e que teñen na ilustración o seu principal medio de expresión. Unha emancipada linguaxe artística a través da cal desenvolven todo o seu potencial creativo, dando renda solta á súa imaxinación.

Con «Imaxinaria» mergullámonos nun percorrido visual onde estilos como o surrealismo, o pop e o naif están moi presentes. Son ilustracións que, na súa gran maioría, toman do folclore e a cultura popular os seus grandes referentes estéticos, conseguindo crear potentes alegorías que nos convidan a reflexionar de maneira crítica sobre grandes temas universais, como a maneira que temos de relacionarnos, tanto entre nós como co noso contorno. Nalgúns casos aparecen o humor e o sarcasmo como efectivos recursos de comunicación que conseguen a complicidade de quen observa; noutros, están mais vencellados con procesos catárticos de superación de certos medos e experiencias vitais. En conxunto, todo un imaxinario colectivo composto de metáforas, soños, fábulas, sentimentos, medos e emocións que as creadoras e creadores pasan pola peneira da imaxinación para darlles forma, configurando un cosmos singular onde é posible mesturar o mundo real coa fantasía, e no que a ilustración funciona como un portal creativo capaz de unir o imaxinado co tanxible.

A mostra busca destacar, tamén, a constante experimentación de soportes e formatos que caracterizan a produción dos e das creadoras, e cos que conseguen expresar dunha maneira máis libre as súas ideas, completando o significado do representado a través das diferentes texturas e posibilidades dos propios materiais empregados. Trátase de teas, fíos de algodón, la, ferro forxado, cerámica ou microcemento que conviven de forma natural con técnicas como a serigrafía, o acrílico, o guache, a acuarela, o bolígrafo e a ilustración dixital. Unha liberdade creativa que, sen dúbida, pon de manifesto a capacidade propia e singular que ten a ilustración de crear novos universos e novas formas de ver a realidade.

'Imaxinaria. IV Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea'
Comentarios