jueves. 23.04.2026

“Bicos de cine” é unha serie de 25 estampas nas que o pintor pontevedrés Manuel Moldes deu renda solta á súa paixón polo cinema, rendéndolle unha homenaxe única á sétima arte.

Creadas para as Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia (XOCIVIGA) do Carballiño en 1991, estas obras forman hoxe parte da colección da Filmoteca de Galicia.

Tras a súa última exposición pública en Madrid en 2007 —e máis de tres décadas despois da súa anterior presenza en Pontevedra (1992)—, a cidade volve acoller esta colección nun momento de especial efervescencia cinematográfica.

A mostra inaugurouse o pasado 3 de decembro de 2025, coincidindo co oitavo cabodano do artista, e poderá visitarse ata o 30 de abril (inclusive).

Para garantir o acceso continuo a estas obras e convidar ao público a participar no xogo visual de adiviñar as películas que propón Moldes, a Fundación presenta agora o catálogo oficial da exposición.

📍 Presentación do catálogo
🗓 Venres, 24 de abril
🕢 19:30 h
📌 Fundación Manuel Moldes
(r/ Benito Corbal 47, 8º andar · entrada por r/ Javier Puig 3, Pontevedra)

👥 Coa participación de:

  • Ramón Rozas, comisario da mostra
  • Suso Novás, director artístico do festival Novos Cinemas

🎟 Entrada libre e de balde

Bicos de cine, de Manuel Moldes: arte e sétima arte en diálogo
Comentarios