O castiñeiro do Trulleiro, a árbore que gardou unha infancia enteira
O castiñeiro do Trulleiro levaba máis de cinco séculos en pé ata que chegou o seu derradeiro día.
Era tan vello que chegou a ver plantar e medrar as primeiras patacas que chegaron de América a estas terras.
Durante xeracións foi parte da vida do lugar; foi parte dese “pan da terra” que axudou a vencer a fame dos longos invernos do Courel.
Pero era moito máis ca unha árbore.
Era un compañeiro silencioso da infancia, un refuxio e un gardián de recordos.
Dentro da súa enorme cantarela atopabamos un mundo propio. Alí gardabamos os nosos xoguetes. Cando remataba o verán, as miñas amigas de Barcelona e mais eu deixabámolos protexidos no seu interior, ao abeiro do vello castiñeiro durante todo un ano.
Permanecían alí en silencio, agardando o regreso doutros días felices. Cada despedida deixaba un pouso de tristura no corazón, e aquel lugar convertíase nun espazo onde a infancia quedaba suspendida no tempo.
Xogabamos coas vellas canellas, coas follas, coas candeas, co mofo e coa súa sombra. Eran cómplices dos nosos soños e das nosas aventuras.
Despedíamonos, pero os xoguetes permanecían alí, coma unha promesa de que volveriamos atoparnos.
Convertíase en castelo, en fortaleza, en barco ou en fogar, segundo ditase a nosa imaxinación. O castiñeiro convertíase en cómplice.
Hoxe xa non está, pero ás veces parece que segue velando polo lugar.
Cando finalmente caeu, fíxoo lentamente, vencido polo tempo, pero non derrotado. As súas raíces seguen baixo a terra.
Tamén segue vivo dando forma á madeira do seu tronco, convertida en fermosos andeis que aínda sosteñen historias.
Entre os libros que descansan sobre eles hai un de Mark Twain, cuxas aventuras evocan aqueles días da infancia vividos ao abeiro do castiñeiro do Trulleiro.
Así, a árbore segue acompañando soños, imaxinación e memoria, coma se nunca deixase de estar alí.
Pilar Fernández Campo
VERSIÓN EN GALEGO NO NORMATIVO: O galego que mamein desde nena foi o caurelan e aprendin dos mayores, explica Fernández Campo.
O castiñeiro DoTrulleiro levaba mais de cinco seculos en pe hasta que chegou o seu derradeiro día.
Era tan vello que chegou a ver plantar e medrar as primeitas patacas que chegaron de América nestas terras.
Durante xeraciois foi parte da vida do lugar, foi parte do "pan da Terra que axudou a vencer a Fame dos longos inviernos de Caurel
Pero era moito mais que un árbol.
Era un compañero silencioso da infancia,un refugio e un Guardian de recordos.
Dentro da sua enorme cantarola encontrábamos un mundo propio
.Donde gardabamos os nosos xoguetes,cando remataba o vrao as miñas amigas de Barcelona e eu os deixabamos protexidos no seu interior,protexidos polo vello castiñeiro durante todo un ano.
Permanecían eili en silencio,aguardando o regreso doutros días felices. Cada despedida deixaba un poso de tristura no corazón,e aquel lugar convertirse nun lugar onde a infancia quedaba suspendida no tempo.
Xogabamos cas vellas canellas, cas. follas, candeas, mofo e ca sua sombra .
Eran cómplices dos nosos soños e das nosas aventuras.
Despedíamos,pero os xoguetes permanecían eili,coma Unha promesa de que volveríamos atoparnos.
Convertirse en Castelo,en fortaleza,en barco,ou en fogar,según dictase a nosa imaxinacion o castiñeiro convertirse en cómplice.
Hoxe xa non está pero as veces parece que sigue velando polo lugar.
Cando finalmente caeu,fixo lentamente,vencido polo tempo ero non derrotado. As Suas raíces siguen baixo a Terra.
Tamen sigue vivo,dando xeito a Madeira do seu tronco convertido en bellas estanterías sigue sostendo historias.
Entre os libros que descansan sobre ellas hay un libro de Mark Twain,cuyas aventuras evocan aqueles días da infancia vívidos o abrigo dos castiñeiro DoTrulleiro.
Así o árbol sigue acompañando soños, imaxinacion e memoria, coma si nunca ouvese deixado de estar eili.