sábado. 27.04.2024

Mari Costa, artista: “Dicía ao meu produtor que eu era de directo e non de gravar, pero xa vou polo segundo disco”

“Expresión e elegancia” son dúas características profesionais que ela vende e que a “definen”. Adora a música en directo, que non sempre é posible tela, e hai que botar man da “música enlatada”, cousa que fai por obrigación. “O bonito sería ter orzamento para pagar sete ou oito músicos...para as actuacións”.
Mari Costa actuando en Salvaterra este domingo na Feria do Viño Espumoso.
Mari Costa actuando en Salvaterra este domingo na Feria do Viño Espumoso.

Empezou con 16 anos na verbena e estivo cantando 28. En 2019 atopou o produtor, compositor e músico Félix Cebreiro, un ponteareán de Arnoso e el convenceuna para gravar. Froito disto son dous álbums ‘Voy siguiendo tu luz’ cuxo primeiro tema de igual título foi premiado na categoría cancións orixinais románticas/Pop no 39 Festival da Canción Latinoamericana de California.  ‘Voy siguiendo tu luz’ foi presentado en Salvaterra hai tres anos. O seu segundo traballo, ‘Agradecida’, levou este título en “agradecemento a toda a xente que me axudou”, explica la artista.

IMG_7186

Gústalle cantar porque “transmite”. Por ela faría un disco enteiro de boleros e baladas, pero, claro, non é comercial. Non lle gusta o reggaetón. Así que tira polo camiño do medio: “Hai que ir día a día, pero mantendo a túa esencia”, sentencia.

IMG_7189

“Expresión e elegancia” son dúas características profesionais que ela vende e que a “definen”. Adora a música en directo, que non sempre é posible tela, e hai que botar man da “música enlatada”, cousa que fai por obrigación. “O bonito sería ter orzamento para pagar sete ou oito músicos...para as actuacións”.

Esta artista natural de Padrenda, Ourense, vivindo en Vigo, está vinculada á nación veciña con dous avós portugueses e dúas avoas galegas, cousa que non debe ser moi coñecida.  Quizais por iso admira a gran fadista de todo os tempos, Amalia Rodrigues. Mari ten como referente a Rocío Durcal “de toda a vida”. Sempre gustou de Paloma Sanbasilio e Celine Dion. Celine foi a que escoitaba de pequena e a que “me dixo: tes que cantar”.

IMG_7190

Confesa con sinceridade que ela é máis de auga que de viño e que os viños espumosos se lle suben á cabeza...Pero encántanlle todas as festas tradicionais...Por iso  contribuíu a enxalzar os viños espumosos da DO Rías Baixas. Un brinde por Mari Costa, artista!

Mari Costa, artista: “Dicía ao meu produtor que eu era de directo e non de gravar, pero...
Comentarios