viernes. 29.03.2024

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar unha alerta laranxa por temporal costeiro no litoral e Lugo e A Coruña

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), dará comezo un fenómeno meteorolóxico de nivel laranxa costeiro con mar combinada do NW de 5 a 6 m que afectará ao nororeste e oeste da provincia de A Coruña e á costa de Lugo. Comezará a partires das 04:00 horas do día 21/02/2022 na Coruña e a partires das 15:00 horas do día 21/02/2022 en Lugo,

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións .Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Temporal costeiro no litoral de Lugo e A Coruña