jueves. 25.04.2024

147 pasaxeiros puxeron rumbo aos campamentos de refuxiados saharauis en Tinduf. Na acción, organizada pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS), acompañan aos membros da ONG integrantes das distintas organizacións políticas, voluntarios, sanitarios e colaboradores, así como as familias de acollida temporal dos nenos e nenas do programa 'Vacacións en Paz'. Este programa, no que a Xunta participa activamente desde o ano 2017, permitiu nas últimas tres décadas traer a Galicia en temporada estival a máis de 6.500 nenos e nenas desta rexión do norte de África.

Na súa intervención, Fernández-Tapias sinalou que o apoio que ven prestando o Goberno galego a este colectivo centrouse nos dous últimos anos en “dar resposta ás necesidades máis urxentes da poboación saharauí en relación coa crise sanitaria da covid-19, co obxectivo de contribuír á mellora das súas condicións de vida, a través do subministro de alimentos”.

Segundo informou, SOGAPS recibiu nos últimos 5 anos achegas da Xunta de Galicia para o financiamento de actuacións relacionadas coa poboación saharauí por importe de máis de 3 millóns de euros.

Expedición solidaria aos campamentos de refuxiados saharauis en Tinduf