jueves. 25.04.2024

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar unha alerta laranxa por temporal no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), a partir de hoxe ás 20.00 horas dará comezo un fenómeno meteorolóxico adverso costeiro de nivel laranxa que afectará ao oeste e suroeste do litoral da provincia da Coruña e á costa da provincia de Pontevedra. Agárdase vento do sur de forza 7 á 8 nas zonas afectadas.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes e paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal) que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.Imaxes relacionadas

Alerta laranxa por temporal no litoral das provincia da Coruña e Pontevedra