viernes. 29.03.2024

O Consello da Xunta aprobou hoxe o decreto polo que se declaran 3 días de loito oficial en Galicia con motivo do falecemento do conselleiro de Facenda e Administración Pública, Valeriano Martínez García.

Minuto de silencio en memoria do conselleiro de Facenda e Administración Pública, Valeriano Martínez, no edificio da Xunta en San Caetano e nas delegacións territoriais de Xunta.

O Goberno galego ten a vontade de facer pública así a dor dos seus membros e a de todos os cidadáns. En todos os centros e edificios públicos dependentes da Xunta de Galicia ondearán a media hasta as bandeiras oficiais.

Ademais, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asinou o decreto polo que se encarga o despacho da Consellería de Facenda e Administración Pública ao vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo ata o nomeamento do novo titular.

Ambos os decretos xa se atopan publicados no Diario Oficial de Galicia.

A Xunta decreta tres días de loito oficial polo falecemento do conselleiro de Facenda e...