sábado. 27.07.2024

Este venres, Xulio Fontes, amanciña saiu dende O Calvario de Vigo, onde mora, para ir cara a súa aldea en terras ourensáns de Quintela de Leirado, berce natal, mais nesta ocasión foi por un camiño distinto para facer unha parada en Ribadavia  e non en A Cañiza como acostuma.

No Barrio xudeu, era día de Feira, onde mercou o rianxo, mesmo dicir, pementos e tomates para prantar nas abas do monte Penagache, cumio de tantas historias bélicas e contrabando, recuncho onde o neno foi crecendo e familiarizandose coas pedras e as rochas e escoitando ao avó materno, Casimiro Fernández Senra, natural de Valongo, en Cortegada de Baños, aquel que fora oficial do Rexistro Civil de Vigo, durante cuatro décadas, e antes de traballar na cidade olívica, dous anos como administrativo no Teatro Colón de Bos Aires, de grande nivel cultural, fundamentalmente a música e a pintura.

Xulio Fortes.
Xulio Fortes.

Tempos atrás, Xulio, o neto, subiu a 45 postes eléctricos de Quintela de Leirado para deixar pegada artistica en cada un deles e colocar o municipio no mapa artístico do rural, colorido que foi desvanecéndose co tempo, non descartando a idea de retomar a recuperación pictórica nos próximos anos.

!Unha pena! Nembargantes, non desaparece o mundo onírico, plasmado polo soñador de Forxán, nos mesmos muros das leiras, onde sulfata, abeirando os camiños  do vecindario e o gando.

Nos próximos días, cando chegue calor enfrentarase as pedras encontradas para plasmar obras e continuar dando vida o recanto rural a través da pintura, situando este lugar nun referente en Galicia e norte de Portugal. 

XulioFuertes2

Xa,o dixo Alfonso Eire, en días recentes en Chantada, nun acto de inauguración dunha exposición do artista de a raia

"Xulio segue a ser un neno, un neno que olla cara o mar de Vigo e cando pecha os ollos, enxerga a Raia Seca, ve aos seus veciños, os que se foron, os que se quedaron, os que nunca esquece, mesmo estando eles mortos e él afastado".

Forxán, pegada onírica de Xulio Fontes, seu berce
Comentarios