viernes. 03.05.2024

David Quinteiro presenta a súa obra pictórica na Casa dos Lemos en Chantada

Todos os seus traballos  igual que o autorretrato e achegados a  familia do artista, poderanse  ollar nunha  exposición que vai ter lugar durante o mes de novembro na Casa da Cultura de Chantada, onde tampouco  faltarán  paisaxes  da zona da Ribeira Sacra e Belesar, beiras a onde se desplazou en meses ainda recentes o pintor de Donas para  trasladalos as telas.
David Quinteiro.
David Quinteiro.

Os cafés sempre tiveron moita relación cos creadores, sexan músicos, poetas, escritores ou pintores, participantes uns e outros en faladoiros. Lembremos a xeración do 98 con Pio Baroja, Azorín, Miguel de Unamuno, Antonio Machado e mais tarde no Cafe Gijón cos  inesquecibles Francisco Umbral, así como os galegos que xa non están, o dezán de Botos, Xosé Otero Abeledo "Laxeiro", os lugueses, de Lousada,Tino Grandío e de Viveiro, Carlos Oroza, uns e outros, ocupando noutros días, as mesas do Café Gijón, no Paseo de Recoletos na capital de España, a poucos metros do Museo do Prado.

En Pontevedra cidade "El Café Moderno", ubicado na Praza de San Xosé, durante grande parte do século XX foi centro literario e artístico, o mesmo que Savoy ou Carabela abertos a A Ferrería,  entre outros, refuxio de  poetas, pintores, músicos, políticos, entre otros personaxes. Unha longa nómina conn inesquecibles  creadores Virxilio Blanco, Manuel Torres,  Pesqueira, Agustín Portela, Filgueira Valverde,  Cuña Novás,  Daniel de la Sota, Gonzalo Torrente Ballester, entre outros.

Na cidade olívica, existe a Cafetería Nuevo Derby, na rua Urzaiz, casi enfrente do desaparecido, en tempos ainda recentes o Goya, onde agora, xornada tras xornada, danse cita arredor  da boa cociña e caldos engarrafados da Ribeira Sacra, personaxes variopintos, ben sexan músicos, escritores, artistas plásticos, políticos, entre outros que forman parte de colectivos ou Asociacións, como os da "Orden dos Cabaleiros" ao que tamen pertence o chantadino, Eusebio Prado Fontao, o mesmo que  rexenta o negocio do mesmo nome, no corazón de Vigo.

Foi neste escenario gastronómico e cultural, onde se inspirou o pintor do Val Miñor, David Quinteiro para trasladar as telas o propio hosteleiro de Mariz igual que o empresario constructor Magdalena,ataviados coa capa e sombreiro do colectivo que cada ano percorre diferentes terras da Comunidade Galega, confraternizando con outros municipios, en festas gastrómicas ou visitas guiadas-

Neste ambiente o artista David Quinteiro e desde un tempo atrás, pinta retratos dos citados contertulios, unha temática que xa había iniciado e que agora prolonga, tomando como modelos os clientes do Café da Rúa Urzaiz, antes mencionados, do mundo empresarial e intelectuales, o propio empresario Eusebio Prado, retratou a Madalena con capa que representa o colectivo, así como o profesor,  Xesús Alonso Montero; a  fotógrafa e artista nonaxenaria, Mary Quintero, creadora que ata hai ben pouco, tivera estudio, non moi lonxe da Cafetería e seguindo o formato de retratos, recolleu en Galicia, personaxes destacados  da comunidade galaica como o muiñeiro  de O Rosal, Nemesio Castro  e mesmo o veciño telleiro "O Buraco", ambolodous coñecidos en todo Galicia e alen Miño ou o músico e empresario de Pontevedra, Aladino Barros.

Todos eles  igual que o autorretrato e achegados a  familia do artista, poderanse  ollar nunha  exposición que vai ter lugar durante o mes de novembro na Casa da Cultura de Chantada, onde tampouco  faltarán  paisaxes  da zona da Ribeira Sacra e Belesar, beiras a onde se desplazou en meses ainda recentes o pintor de Donas para  trasladalos as telas.

A  Asociación de  Rabudos e Papeiros, convidaronno para realizar o Cartel da Festa  do Viño e da Cereixa 2024, que terá  lugar en Belesar, en tempo de colleita do froito encarnado que se presta para pintar.

David, graduado en Belas Artes pola Facultade de Pontevedra, ten realizado mostras en Tui, na Area Panorámica; no Café  Jazz de Vigo igual que a participación colectiva "15 proxectos de espazo para un espazo, no Pazo de Torrado, así como a exhibición de pintura e música en directo "Retrato de un pianista en varios escenarios expositivos e formando parte parte  da mostra colectiva "Todos somos negros" na XXI Bienal de Arte de Pontevedra".

Antes de viaxar a Ponte de Lima e outras  Salas de país irmán, David Quinteiro  presenta durante  todo o mes de de Novembro na Sala de Exposicións na Casa de Cultura de Chantada, o edificio máis antigo do Concello,restauradao baixo a dirección do arquitecto de O Carballiño, Manuel Gallego Jorreto, Premio Nacional de Arquitectura.

David Quinteiro presenta a súa obra pictórica na Casa dos Lemos en Chantada
Comentarios