viernes. 19.04.2024

O Club Natación Ponteareas conseguiu o ano 2021 éxitos por todo o alto no Campionato Galego Absoluto celebrado en Lugo. Unha cita que rematou con  importantes logros para os e as deportistas ponteareás, que puxeron o broche de ouro ás competicións do 2021 subindo de novo ao podio.   

Nadadoras do CN Ponteareas.

O CN Ponteareas desprazáronse ata a piscina do CN Fluvial para participar co equipo feminino e masculino nun campionato que se celebrou seguindo o protocolo sanitario da competición, garantindo a seguridade das e dos deportistas diminuíndo o número de nadadores e nadadoras dentro da piscina.

O equipo feminino do club ponteareán proclamouse campión absoluto da competición, deixando unha marxe de puntos na clasificación conxunta que o equipo masculino mantivo ata o último día pero que ao remate das tres xornadas de campionato non puido conservar. Así, o CN Ponteareas quedaba subcampión galego por equipos por detrás do campión galego, o CN Galaico. 

Unha forma “excelente de rematar o ano que reflicte o enorme traballo que fan cada día nadadoras e nadadores nos adestramentos. Parabéns a todo o equipo e tamén ao club por ese gran traballo que está a desenvolver na formación de novos valores”.

O equipo feminino do club ponteareán de natación proclamouse campión absoluto do...