viernes. 19.04.2024

José Médez Parada nace na Granxa en Arbo., con 14 anos e sen apenas pasar pola escola, emigra a Buenos Aires e desde aquí trasládase a La Habana. Na capital cubana,  pon en marcha, como mestre carpinteiro ou ebanista,  o seu “Taller de Carpintería Mecánica en General “ denominado “ La Perfección”.

Foi un dos fundadores da sociedade “ Hijos del Ayuntamiento de Arbo” en La Habana (1910-1913), que presidía en 1916. Igualmente figura coma un dos fundadores da Sociedade “Solidaridad Pontevedresa” ( 1912), que presidiu en 1915, co obxectivo de atender e protexer as mulleres galegas emigradas.

Á idade dos 40 anos volve a Arbo, e abre un establecemento  comercial de venta de ultramarinos e ferretería. Coa finalidade de ampliar a súa actividade comercial e empresarial,  inaugura a “Fábrica de camas estilo inglés” – “La República”, que vendía a diferentes puntos de Galicia e España. Entre 1950 e 1962 a actividade comercial céntrase na fábrica de pizarras escolares de pedra natural, as pizarras podíanse adquirir nas principais librarías ( a Cervantes e a Balmes de Lugo, a Michelena de Pontevedra, a Imperial e a Central da Coruña, a Gabino Porto de Ponteareas…), papelerías, imprentas ( a Paredes de Santiago de Compostela, La Rápida de Vigo,…), almacéns, bazares e droguerías de Galicia e moitos puntos de España ( Gijón, Santander, León, Palencia, Aranda del Duero, Salamanca, Valladolid, Zaragoza…). Sen esquecer o comercio local arabense e o de toda a bisbarra Condado-Paradanta.

O Pleno da Corporación Municipal en sesión extraordinaria e presencial celebrada o día 29 de xullo de 2022, aprobaba a proposta da alcaldía para dar nome o canellón que vai dende a Praza do Mercado a Praza Consistorio co denominación ‘Canellón do Parada’ en recoñecemento a Jóse Méndea Paradda  pola súa labor  autodidacta, emprendedor e referente veciñal  da súa época.

Outra faceta destacada do Parada foi a súa sapiencia coma “ agrimensor popular”, ademáis por encargo do Concello de Arbo, fixo o “amilloramento” das veigas. Unha das últimas encomendas desenvolvidas polo Parada foi o encargo de xestionar os pagos e redencións do foro denominado “ La granja de Arbo y agua da Vila”,

Logo das eleccións do 31 de maio de 1931, forma parte da vida municipal da II República en Arbo.

Manifesta o alcalde Horacio Gil, “José Méndez Parada  foi un   autodidacta, emprendedor e referente veciñal  da súa época.  Logo de asentarse no lugar en 1927, case cen anos despois, aínda sobrevive na fala da veciñanza o “ Canellón do Parada” , no que segue habitando a súa única filla viva, a “Nemesia do Parada”, testemuña actual do tempo transcorrido entre os séculos XX e XXI –  polo que dende o goberno quixemos facer homenaxe a este gran home coñecido por todos e que levou o nome de Arbo ás Americas e formou parte da historia e do desenvolvemento económico de Arbo.

Con tal motivo e para render homenaxe a José Mendez o domingo día 28 de agosto ás 12.30 horas´, terá lugar o acto de inauguración da nomenclatura do “Canellón do Parada”.

Arbo rende homenaxea a José Méndez Parada
Comentarios