sábado. 27.04.2024

Profesionais do foodservice encheron os diferentes espazos e corredores de Expocoruña para asistir ás actividades da segunda xornada do Galicia Fórum Gastronómico e coñecer de preto as tendencias do sector, nunha edición na que o eixo central é a sustentabilidade.E dela comezou falando este luns Sergio Gil, da Fundación Restaurantes Sustentables, no marco do FórumLab, o espazo no que “cocíñanse as ideas” polo que tamén pasaron David Rubert Boher, socio consultor de Persapia, que ofreceu un relatorio, ou Erich Eichstetter, de LABe Basque Culinary Center; Xosé Santiso, de Fogar do Santiso; Lucía & Carlos Zamora, de Luz & Cía, e Senén M. Barral, de Inditex, que participaron nunha mesa redonda sobre Modelos de restauración sustentable.

vicky1
Vicky Sevilla, de Arrels, en Sagunto.

Outro dos espazos que estivo moi concorridos foi o Taller, no que presentaron as súas propostas o vasco Julen Baz, chef de Garena, e os galegos Iñaki Bretal, de O Eirado da Leña, e Daniel Guzmán, de Nova, os tres cunha estrela Michelin; e Hugo Muñoz, do restaurante Ugo Chan, un dos locais de moda de Madrid, que se decanta por unha cociña de inspiración xaponesa; sen esquecer a cociña asturiana representada en varias actividades, ou as diferentes degustacións da Ágora

Tamén tivo unha gran afluencia de público o Beer Craft Market, unha proposta de Estrella Galicia para pór en 
valor o saber cervexeiro artesanal durante as tres xornadas, e a caseta de Hijos de Rivera, onde se celebrou 
unha nova edición do Campionato Estrella Galicia de Tiraxe de Cervexas, coa participación de 20 profesionais 
hostaleiros do norte de Galicia, Tras unha emocionante final, Judith Insua, de Destapa Santa Clara na Coruña, 
alzouse co título de Mellor Tiradora de Cervexa do norte de Galicia, mentres que o subcampión resultou ser 
Edgar Raduan, de Par 28, tamén na Coruña. Os participantes tiveron que demostrar a súa destreza tirando 
canas, servindo cervexa de botella e respondendo a preguntas de diversa índole sobre o mundo cervexeiro.

Ademais, a compañía tamén estivo presente este luns no Auditorio cunha sesión de Imperfectxs de Cervexas 
1906, o proxecto de concienciación que comparte a iniciativa de grandes figuras da cociña por xerar un 
impacto positivo real na sociedade e na súa contorna natural, e que contou coa participación de Ángel León, 
de Aponiente, en Puerto de Santa María; Vicky Sevilla, de Arrels, en Sagunto; Diego Guerrero, de Dstage, en 
Madrid, y Pepe Solla, de Casa Solla, en Pontevedra, que compartiron cos asistentes as súas reflexións e boas 
prácticas ao redor de temas como a conservación da contorna natural, o desenvolvemento económico local e 
o aproveitamento dos recursos.

Restauracion Sostenible_3
Galicia Fórum Gastronómico e coñecer de preto as tendencias do sector, nunha edición na que o eixo central é a sustentabilidade.

Así mesmo, o Auditorio acolleu un relatorio cos 4 representantes do territorio atlántico, Eduardo Lamo, Yolanda León & Juanjo Pérez, Marcos Morán e Ignacio e Carlos Echapresto, que tivo unha gran acollida. Cun dinamismo autónomo e un completo programa de actividades propias, o Wine Circus foi nestes dous primeiros días do GFG un dos espazos máis visitados, con numeroso público nos Vinomios, Wine Talks e catas, e a participación de adegas e sumilleres de renome como Audrey Doré, Marta Cortizas, Tomás Ucha, Mario 
Ayllón, Manuel Otero, Mariña Fernández, Eduardo Camiña ou Xoan Cannas, director do Instituto Galego do 
Viño, que repasou o dez anos de traxectoria do centro.

O Wine Circus foi ademais o marco no que se desenvolveu a I Batalla de Sumilleres, que finalizou con VVVV 
como gañadores, e promotor do relatorio de Josep Roca, de El Celler de Can Roca e Mellor Sumiller do Mundo, que puxo o broche de ouro á segunda xornada no Auditorio.

 MARTES 

Galicia Fórum Gastronómico despídese este martes cunha nova xornada repleta de actividades que virarán ao 
redor da sustentabilidade, e na que tomará protagonismo a coctelería, coa participación de Javier de las Muelas, e varias propostas no Cocktail Bar Fórum, coordinado por Bordello Parlour.

Ademais, entregaranse os Premios Picadillo a restaurantes centenarios de toda Galicia, Miguel Vila, Fogar do 
Santiso e, a título póstumo, a Domingo Villar. Ademais, haberá un diálogo de colectivos de cociña de Galicia, e 
a clausura do GFG, que correrá a cargo do chef Javier Olleros, con dúas estrelas Michelin.

Josep Roca, Mellor Sumiller do Mundo, puxo o broche de ouro á segunda xornada
Comentarios