jueves. 18.04.2024

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou esta mañá no acto de apertura das xornadas de presentación da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Pan Galego que contou cunha representación dos productores deste alimento de primeira calidade en Galicia. Esta xornada tivo por obxectivo difundir as vantaxes de adherirse a este selo de calidade.

Trenor destacou que este recoñecemento ten como obxectivo fomentar ”o cultivo de trigo e o consumo de pan”. Engadiu que o pan galego “é merecedor desta Indicación Xeográfica Protexida porque permitirá darlle valor engadido a este produto o que repercutirá na recuperación do territorio para a plantación do cereal necesario para a súa elaboración”.

Desde fai meses a Xunta está traballando para fomentar o rexistro de produtores de trigo, muíños e panaderías, explicando que a IXP Pan Galego é un distintivo que permitirá poñer en valor os produtos elaborados en numerosos establecementos familiares que están estendidos por toda a comunidade, nomeadamente nas zonas rurais.

A maiores, esta indicación contribuirá a incentivar o cultivo de trigo en Galicia, o que incidirá directamente na mellora das rendas dos agricultores, na recuperación das aldeas e mesmo na prevención dos incendios forestais, ao actuar os terreos de labradío como devasa natural fronte aos incendios.

APOIO DA XUNTA

Impulsado en 2015 pola Federación Galega de Asociacións de Fabricantes de Pan (Fegapan), este selo de calidade contou desde os inicios co apoio da Xunta. O obxectivo é poñer de relevo un pan de cortiza dura e crujiente, faragulla esponxosa e alveolado abundante e irregular, que se elabora de forma artesanal con fariña de trigo brando, da cal unha parte –como mínimo o 25%– debe proceder de trigos cultivados en Galicia, pertencentes a variedades e ecotipos autóctonos galegos.

Ademais, a súa elaboración caracterízase pola utilización de masa nai e dunha elevada cantidade de auga, así como polos longos tempos de fermentación e cocción, esta última sempre en fornos con soleira de pedra ou outros materiais refractarios. Así mesmo, a normativa desta IXP establece os diferentes formatos tradicionais que se admiten, como o bolo ou fogaza, a rosca, o bolo ou torta e a barra, así como os rangos de pesos que poden ter as pezas. A maiores define as características da cortiza e da faragulla, así como o aroma e o sabor do produto. Outra das características desta IXP é a súa presentación en envases individuais que incluirán o seu logotipo.

A Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Pan Galego busca gañar adeptos entre os...