Cegos ante a dor dos outros
José Saramago escribiu en Ensaio sobre a cegueira que, talvez, non quedamos cegos, senón que xa o estabamos: «Cegos que, vendo, non ven».
A verdadeira epidemia do noso tempo non é a falta de vista. É a incapacidade de mirar o sufrimento dos demais e recoñecelo como propio.
Houbo homes que tiveron o privilexio de respirar o aire puro da serra do Courel, de gozar do seu verdor, dos seus soutos, das súas carballeiras e dos seus regatos.
Unha terra onde a natureza non é só paisaxe, senón tamén reflexión, refuxio, silencio e acubillo para o espírito.
Partiron un día cara ao bravo mar, levando consigo unha terra á que sempre agardaban poder regresar, cando menos co pensamento.
Máis tarde, embarcáronse por todos os mares do mundo, deixando neles a súa mocidade.
Soportaron longas xornadas de traballo, levantaron portos, construíron cidades e axudaron a facer medrar a terra que un día os acolleu.
Co paso dos anos, algúns regresaron cunha enfermidade invisible. O alcoholismo, recoñecido pola medicina como unha enfermidade, foi apagando a súa capacidade para decidir, para pedir axuda e, ás veces, mesmo para conservar a esperanza.
E, malia que hoxe sabemos máis ca nunca sobre esta enfermidade, seguimos reaccionando como se fose un fracaso moral e non un problema de saúde.
Porque a verdadeira cegueira non consiste só en pasar de longo. Tamén aparece cando vemos o sufrimento diante dos nosos ollos e acabamos por consideralo algo normal.
Vivimos nun tempo no que o sufrimento deixa de conmovernos porque nos afacemos a velo. E, cando a dor dos demais deixa de interpelarnos, todos perdemos unha parte da nosa humanidade.
A verdadeira cegueira é ver o sufrimento e afacerse a el.
Entón xa non falla a vista.
Falla a humanidade.
-------------------------------------------------------------------------------------------------
José Saramago escribiu en Ensaio sobre a cegueira que, talvez, non quedamos cegos, senón que xa o estabamos: «Cegos que, vendo, non ven».
A verdadeira epidemia do noso tempo non é a falta de vista. É a incapacidade de mirar o sufrimento dos demais e recoñecelo como propio.
Houbo homes que tiveron o privilexio de respirar o aire puro da Serra do Courel, de gozar do seu verdor, dos seus soutos, das súas carballeiras e dos seus regatos.
Unha terra onde a natureza non é só paisaxe, senón tamén reflexión, refuxio, silencio e acubillo para o espírito.
Partiron un día cara ao bravo mar, levando consigo unha terra á que sempre se espera poder regresar, cando menos co pensamento.
Máis tarde embarcáronse por todos os mares do mundo, deixando neles a súa mocidade.
Soportaron longas xornadas de traballo, levantaron portos, construíron cidades e axudaron a facer medrar a terra que un día os acolleu.
Co paso dos anos, algúns regresaron cunha enfermidade invisible. O alcoholismo, recoñecido pola medicina como unha enfermidade, foi apagando a súa capacidade para decidir, para pedir axuda e, ás veces, mesmo para conservar a esperanza.
E, malia que hoxe sabemos máis ca nunca sobre esta enfermidade, seguimos reaccionando como se fose un fracaso moral e non un problema de saúde.
Porque a verdadeira cegueira non consiste só en pasar de longo. Tamén aparece cando vemos o sufrimento diante dos nosos ollos e acabamos por consideralo algo normal.
Vivimos nun tempo no que o sufrimento deixa de conmovernos porque nos afacemos a velo. E cando a dor dos demais deixa de interpelarnos, todos perdemos unha parte da nosa humanidade.
A verdadeira cegueira é ver o sufrimento e acostumarse a el.
Entón xa non falla a vista.
Falla a humanidade.