viernes. 29.03.2024

A rehabilitación dun edificio no casco vello vigués trae de cabeza aos os veciños polas voaduras, o lixo no ambiente e a inseguridade

Na denuncia, os veciños solicitan que a execución da obra, sexa diariamente supervisada e avalada por un estudo de enxeñería dunha empresa independente
Os veciños solicitan que se paralicen as obras de forma inmediata, ata que non se garantice
a seguridade física dos edificios lindantes, e se aporte aos veciñoos, os estudos
e as garantías necesarias solicitadas para a súa tranquilidade e seguridade física.
Os veciños solicitan que se paralicen as obras de forma inmediata, ata que non se garantice a seguridade física dos edificios lindantes, e se aporte aos veciñoos, os estudos e as garantías necesarias solicitadas para a súa tranquilidade e seguridade física.

Os veciños residentes no Casco Vello de Vigo denunciaron

a situación que están a vivir dende hai meses neste edificio en rehabilitación situado

nas rúas Laxe, Oliva, Baixada a Fonte e Xuanelo. Trátase dun solar de grandes dimensións

de 824 metros cadrados. Leva executándose desde o mes de xuño de 2017 e tiña un

prazo de 24 meses. Desde outubro de 2019, a obra comezou a ser molesta polas

perforacións, molestias acústicas e lixo ambiental.

A denuncia veciñal presentouse no concello de Vigo o 28 de abril, despois de que a situación dos últimos meses desbordase a paciencia dos veciños nas últimas semanas de confinamento  e a experiencia de que as autoridades non interveñen a obra.

Este martes, contra ás 12.45 aproximadamente, caeu da grúa unha carga de pezas metálicas, con partes de ferros de aceiro, en plena rúa, na zona habilitada para o paso de peóns en rúa Oliva, entre o edificio que están a rehabilitar e a sede de Illas Atlánticas.

Na  denuncia

solicitan que se facilite un estudo xeolóxico e xeotécnico previo;  que a execución da obra sexa diariamente

supervisada e avalada por un estudo de enxeñería dunha empresa

independente;  que a obra sexa

supervisada acotío  polo enxeñeiro

municipal; e a medición dos ruídos e  vibracións por parte dunha empresa homologada

e independente.

Os veciños aseguran que están a sufrir unha serie de prexuízos

e séntense afectados na súa saúde física e anímica. “Dende o comezo desta

rehabilitación  -relata unha veciña- pasamos

por molestias como nubes de po por toda a zona que o deixaban todo baixo unha

tremenda capa de terra que se convertía en lixo, e  que se che metía nos ollos ao moverte pola rúa.

Contaminación acústica con ruídos a uns niveis inaceptables, varias máquinas

traballando á  vez sumando ruído: mentres

unha perfora, outras pas moven terra e pedras, dende primeira hora da mañá.  Días enteiros sen parar durante toda a

xornada laboral picando. Vibracións que sobre todo aos veciños dos arredores

lles afectaban en gran medida ata o punto de caer obxectos ao chan de encima de

mobles, moverse os cadros da parede, tremer os pratos dentro do moble da

cociña...”, e outras incomodidades.  

Dende que os veciños puxeron a denuncia, nestas últimas semanas,

 “o ruído está a uns niveis máis

aceptables e as vibracións non están sendo tantas como antes, pero seguimos

preocupados”, sinala esta veciña.

“Onte unha imprudencia e irresponsabilidade na obra –continúa

o relato unha veciña- deixounos aínda máis preocupados pola nosa seguridade.

Contra ás 12.45 aproximadamente, caeu da grúa unha carga de pezas metálicas, con

partes de ferros de aceiro, en plena rúa, na zona habilitada para o paso de

peóns en rúa Oliva, entre o edificio que están a rehabilitar e a sede de Illas

Atlánticas, e nin sequera tiñan pechado o paso para impedir a circulación

peonil como precaución, nin persoal de obra vixiando o paso.  Non había ninguén como se xustificaron os

traballadores á policía local cando a chamamos. 

Púidolle pasar algo moi grave a calquera peón, a poucos metros. Mentres,

na praza da Colexiata,  escoitábanse

nenos xogando. Este martes, despois do sucedido onte, vimos de novo a mesma

manobra coa grúa”, relata a veciña.

Onte, día 12, empezaron coas micro voaduras. Os responsables da obra  anunciaran o que ían comezar a facer nas próximas semanas, quizás pola  presentación agora da  denuncia. “Dixeron que ían ser máis silenciosas e menos molestas, que non sentiriamos tanto as vibracións e que, como imos estar previdos por unhas sirenas que soan antes de cada voadura, dixéronnos que o “levariamos mellor”. “Vaia xustificación máis tranquilizadora!”, ironiza a veciña do casco histórico de Vigo.

Para os veciños sorprende, aínda máis, como teñen permiso para facer ata 4 sotos en pleno casco vello, nunha parcela onde apareceron tumbas escarvadas en rocha.

Os residentes na rúa Oliva, aínda non estando en primeira

liña de obra, porque hai outro edificio entre as obras e os inmobles, están

aínda máis asustados coas  voaduras. “Estanse

a sentir máis ca nunca as vibracións, este método si que está a mover as

paredes e o chan das casas moito máis do que o facía antes a perforadora tan

molesta coa que traballaban”.

Os veciños e veciñas  séntense desprotexidos como cidadáns. Non ven que as autoridades estean a velar pola nosa seguridade e saúde pública. “A min esta obra estame afectando e ninguén se poreocupa de verdade por nós.  Cando chamamos á policía local durante o confinamento, había veciños que soportaban vibracións esaxeradas e o ruído era insoportable en todos os arredores. Xúntase isto coas horas de confinamento que temos que pasar dentro da casa con estas constantes molestias que xeran  estrés, dores de cabeza, ataques de ansiedade, imposible concentrarse para persoas que tiñan que tele traballar dende casa con ese ruído, estudantes de universidades que non podían concentrarse para os seus exames on line. Chegou a ser imposible estar tranquilo para ningunha actividade en casa... a policía local o único que nos dicía era  que eles non podían facer nada, que “a obra ten todos os permisos”, testemuña a veciña.

Os veciños pregúntanse tamén como se permite que eses restos arqueolóxicos se destrúan e se siga adiante cunha obra que só obedece a intereses económicos e empresariais, sen respectar o patrimonio da sociedade.

Para os veciños sorprende, aínda máis, como teñen permiso

para facer ata 4 sotos en pleno casco vello, nunha parcela onde apareceron

tumbas escarvadas en rocha. Pregúntanse tamén como se permite que eses restos

arqueolóxicos se destrúan e se siga adiante cunha  obra que só obedece a intereses económicos e

empresariais, sen respectar o patrimonio da sociedade.

A veciñanza non se opón á  rehabilitación dese edificio, pero respectando

a súa natureza e os restos que se atoparon, sen facer eses sotos e sen someter os

veciños da zona a tantos prexuízos. Aínda suxiren que se podía  facer unha sala museo de visita ás tumbas e

seguir adiante coa rehabilitación do edificio sen eses sotos.

A rehabilitación dun edificio no casco vello vigués trae de cabeza aos os veciños polas...