domingo. 21.04.2024
A partir do 3 de abril

As persoas con ideas de negocio e as empresas de recente creación poderán solicitar un espazo no Centro de Emprendemento ponteareán

A ordenanza reguladora do Centro de Dinamización Empresarial e Espazo Coworking entra en vigor o próximo 3 de abril toda vez que o Boletín Oficial da Provincia xa publicou a aprobación definitiva. Deste xeito, a partir desa data as persoas e as empresas que desexen alugar un espazo poderán presentar as solicitudes correspondentes a través da sede electrónica ou do rexistro xeral do Concello.

A ordenanza reguladora do Centro de Dinamización Empresarial e Espazo Coworking entra en vigor o próximo 3 de abril toda vez que o Boletín Oficial da Provincia xa publicou a aprobación definitiva. Deste xeito, a partir desa data as persoas e as empresas que desexen alugar un espazo poderán presentar as solicitudes correspondentes a través da sede electrónica ou do rexistro xeral do Concello.

Poderán optar ao acceso e uso das instalacións do espazo Coworking as persoas emprendedoras e novas empresas con menos de dous anos de antigüidade que desenvolvan a súa tarefa preferentemente no ámbito da cultura, novas tecnoloxías e a rexeneración urbana así como o benestar e os servizos ás persoas, entre outras cuestións. Tamén poderán solicitalo as empresas mentoras co obxectivo de crear un lugar compartido de experiencias e aprendizaxes empresariais.

No caso do viveiro de empresas, poderán dispoñer dun espazo aquelas iniciativas que comecen a súa actividade económica ou de recente creación sempre e cando non excedan os 2 anos de funcionamento. Para iso, deberán cumprir unha serie de requisitos como que o domicilio social e o de actividade se estableza no termo municipal.

Os usuarios e as usuarias terán a súa disposición diferentes servizos como conexión Wifi e por cable, impresora e fotocopiadora, destrutora de papel, zona común de descanso con neveira e microondas e unha sala de formación que conta cunha pantalla táctil traulux e un taboleiro dixital e de videoconferencia.

Neste sentido, a tarifa para dispoñer dun posto no espazo Coworking, aberto e equipado con mesas e cadeiras é de 60 euros ao mes, unha oficina no viveiro de empresas, 25 euros ao mes e a sala de reunións, 20 euros á hora. Pola súa banda, a sala de formación e a de usos múltiples poderase alugar por 150 euros a sesión cada unha delas.

O horario de apertura das instalacións do centro é de 24 horas durante todos os días da semana co obxectivo de facilitar o acceso aos lugares de traballo e os usuarios e as usuarias poderán acceder ás instalacións mediante os dispositivos dixitalizados cos que conta o edificio. De igual xeito, as persoas emprendedoras e as iniciativas empresariais poderán dispoñer dun espazo ata un máximo de 18 meses.

As persoas con ideas de negocio e as empresas de recente creación poderán solicitar un...
Comentarios