jueves. 14.11.2024

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, salientou hoxe o importante valor medioambiental que promove entre a xuventude o campo de voluntariado Parque Natural do Xurés que se está a celebrar neste emblemático espazo do municipio ourensá de Muíños.

As mozas e mozos deste campo de voluntariado participarán en diferentes tarefas centradas no coidado da fauna e flora do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Deste xeito, participan na construción de barreiras antierosivas nas ladeiras dos montes queimados para frear a erosión do solo. Tamén realizan labores de rexeneración espallando sementes e constrúen refuxios para aves e insectos polinizadores coa intención de mellorar a biodiversidade da contorna.

Ademais, os participantes nesta iniciativa están a realizar outras actividades de ocio e lecer como rutas, xogos de rol, visitas a municipios como Ourense ou Allariz, obradoiros ambientais e de reciclaxe e actividades náuticas, entre outras.

CAMPAÑA

A Consellería de Política Social oferta neste verán 348 prazas nun total de 29 campos de voluntariado (incluíndo as tres quendas de Cíes) para maiores de 18 anos por todo o territorio galego. Todas as actividades desta campaña seguen as medidas de prevención fronte á covid-19 fixadas polas autoridades sanitarias co fin de garantir a seguridade de todas as persoas participantes.

En total, a Campaña de Verán deste ano, que leva por título O verán que necesitas, pon á disposición da mocidade 6872 prazas en diferentes actividades e campamentos, que se prolongarán ata comezos do mes de setembro.

O Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés conta con voluntarios que construen...