viernes. 14.06.2024

Un gran espectáculo de circo francés chega por primeira vez a Galicia

A Cidade da Cultura pecha mañá o ciclo Verán no Gaiás, desenvolvido dende finais de xuño e durante este mes de xullo, que incluíu variadas propostas para o público familiar. Faino cun espectáculo de circo contemporáneo a cargo da compañía francesa Bivouac que trae a Galicia por primeira vez a súa nova produción, Lemniscate. A función terá lugar na Praza Central do Gaiás ás 20,00 horas con entrada libre e de balde.
A compañía francesa Bivouac estará mañá martes ás 20,00 horas na Praza Central do Gaiás con entrada libre.
A compañía francesa Bivouac estará mañá martes ás 20,00 horas na Praza Central do Gaiás con entrada libre.

A Cidade da Cultura pecha mañá o ciclo Verán no Gaiás, desenvolvido dende finais de xuño e durante este mes de xullo, que incluíu variadas propostas para o público familiar. Faino cun espectáculo de circo contemporáneo a cargo da compañía francesa Bivouac que trae a Galicia por primeira vez a súa nova produción, Lemniscate. A función terá lugar na Praza Central do Gaiás ás 20,00 horas con entrada libre e de balde e enmárcase nas máis de 2.500 actividades que a Xunta de Galicia impulsa este verán baixo a proposta CulturON.

A función xira ao redor dunha estrutura a modo de poste chinés sobre a que bailaríns e acróbatas porán en escena unha serie de movementos con esvaróns, suspensión ou equilibrios. Os tres protagonistas encarnan a tres individuos perdidos nun lugar que non existe. Entre liberacións e tensións, propulsións e gravidade, evocan o carácter relativo e flexible do tempo-espazo. Unha interconexión que se fai visible, como unha escultura en movemento, nas oscilacións dos corpos, nos seus pesos e no latexo do tempo simbolizado por un metrónomo.

Con este espectáculo, ideado sobre un dispositivo xiratorio que evoca a pluralidade de puntos de vista, a prestixiosa compañía francesa Cie. Bivouac continúa a exploración física iniciada nas dúas producións anteriores: Corps Perdus e Perceptions.

Ademais desta proposta circense, numeroso público familiar gozou da anterior programación de Verán no Gaiás, que contou coa maxia dun ilusionista ou con música cos concertos de Queenmanía e Isto é Rock!.

Un gran espectáculo de circo francés chega por primeira vez a Galicia
Comentarios