jueves. 05.12.2024

Día da Ciencia en Galicia

O acto, que comezará ás 19:00 horas, contará coas intervencións do presidente da RAGC, Juan Lema; e do reitor da Universidade de Santiago, Antonio López. Ademais, asistirán a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro; Lara Méndez, alcaldesa do Concello de Lugo (cidade onde Rof Codina desenvolveu a súa carreira); Gabriel Soriano, concelleiro de El Prat de Llobregat (vila natal do homenaxeado); o presidente da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia, Antonio Crespo; a vicedecana da facultade de Veterinaria da USC, Maribel Quiroga; e dous netos do homenaxeado, José María e Juan Sancho Rof; así como outras académicas e académicos da RAGC e representantes de diversas institucións políticas, educativas, culturais e de investigación galegas.
Rof Codina vacunando.
Rof Codina vacunando.

O Día da Ciencia en Galicia homenaxea a Juan Rof Codina este xoves, 6 de outubro, no Salón Nobre de Fonseca en Santiago. É a figura nomeada como “Científico Galego do Ano” pola Real Academia Galega de Ciencias de Galicia (RAGC).

O Día da Ciencia en Galicia celébrase este xoves, 6 de outubro, cun acto en Santiago dedicado á figura do impulsor da Veterinaria na nosa comunidade, Juan Rof Codina

Juan Rof Codina (El Prat de Llobregat, Barcelona, 1874 – Lugo, 1967) é considerado como o impulsor da veterinaria en Galicia e España, destacando a súa contribución á modernización do sector agropecuario galego e á difusión do concepto de asociacionismo entre os gandeiros da nosa comunidade. No ano 1898 é destinado a Lugo como tenente veterinario militar e é na cidade lucense onde nace o seu interese polos problemas gandeiros de Galicia. A partir de entón traballou a prol da renovación técnico-produtiva da agricultura galega ao longo do século XX, destacando dous campos: a aplicación e divulgación de novidades zootécnicas e a posta en práctica de medidas de hixiene pecuaria para a mellora do continxente gandeiro, para o que comeza a escribir artigos de difusión de boas prácticas; e a organización e valorización da profesión veterinaria.

Ás 11.00 h presentarase un libro sobre o homenaxeado no Consello da Cultura Galega e ás 12.30 h descubrirase unha placa no Parque das Ciencias

O acto, que comezará ás 19.00 horas, contará coas intervencións do presidente da RAGC, Juan Lema; e do reitor da Universidade de Santiago, Antonio López. Ademais, asistirán a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro; Lara Méndez, alcaldesa do Concello de Lugo (cidade onde Rof Codina desenvolveu a súa carreira); Gabriel Soriano, concelleiro de El Prat de Llobregat (vila natal do homenaxeado); o presidente da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia, Antonio Crespo; a vicedecana da facultade de Veterinaria da USC, Maribel Quiroga; e dous netos do homenaxeado, José María e Juan Sancho Rof; así como outras académicas e académicos da RAGC e representantes de diversas institucións políticas, educativas, culturais e de investigación galegas.

Durante o evento impartirá unha conferencia en torno á figura do homenaxeado Lourenzo Fernández Prieto, catedrático de Historia Contemporánea da USC, experto na historia das sociedades rurais e do cambio tecnolóxico agrario, autor de varios traballos sobre Rof Codina. Titulará o seu relatorio “Rof Codina (1917-1967), un científico de cando os veterinarios aprendían dos labregos”. No transcurso do acto proxectarase un vídeo sobre a traxectoria e os logros do impulsor da veterinaria en Galicia e España.

Entrega das Medallas de Investigación de Galicia

Durante o evento farase entrega das cinco Medallas de Investigación de Galicia que concede a RAGC. As persoas distinguidas este ano son Jesús López Romalde, medalla Ánxeles Alvariño González da sección de Bioloxía e Ciencias da Saúde; Ramón Máiz Suárez, medalla Domingo García-Sabell Rivas da sección de Ciencias Económicas e Sociais; Mª Ángeles Sanromán Braga, medalla Isidro Parga Pondal da sección de Ciencias Técnicas; Jorge Mira Pérez, medalla Enrique Vidal Abascal da sección de Matemáticas, Física e Ciencias da Computación; e Isabel Pastoriza Santos, medalla Antonio Casares Rodríguez da sección de Química e Xeoloxía.

Libro e placa conmemorativa na honra de Rof Codina

Por outra parte, o Consello da Cultura Galega acollerá mañá a presentación da publicación de autoría colectiva “Juan Rof Codina. Unha referencia na agricultura e gandaría galegas do século XX”, ás 11:00 horas (Pazo de Raxoi, 2º andar). Ao acto asistirán a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, como institución editora; o presidente da RAGC, Juan Lema; e o coordinador da publicación e académico Antonio Rigueiro.

portada_libro_rof

De seguido, ás 12:30 horas, colocarase unha placa conmemorativa no Parque das Ciencias (fronte ao colexio La Salle), coa colaboración do Concello de Santiago. Está previsto que acuda o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e representantes dos grupos municipais, xunto ao presidente da RAGC, Juan Lema.

O Día da Ciencia en Galicia é unha efeméride promovida pola RAGC que pretende a  promoción social da ciencia, salientando a traxectoria e actividades das personalidades que destacaron pola súa achega ao desenvolvemento científico na nosa comunidade.

 

O evento da tarde retransmitirase a través da canle de YouTube da RAGC:

https://youtu.be/oLRX2vcO2tc

Día da Ciencia en Galicia
Comentarios