viernes. 26.04.2024

Artesanía de Galicia con marca

Os artesáns participantes están especializados en oficios como a xoiería, a elaboración de sanandresiños, a ourivería, a marroquinería, o téxtil, a talla de pedra e de madeira, a estampaxe, a elaboración de papel, o debuxo, a encadernación, a escultura, os complementos de moda, o traxe tradicional, a bixutería, a cerámica, os tapices, os arranxos florais, a elaboración de coitelos ou o bordado ao aire.
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou esta mañá a segunda edición de Artesanía de Galicia en Compostela, na que participan 38 profesionais do sector.
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou esta mañá a segunda edición de Artesanía de Galicia en Compostela, na que participan 38 profesionais do sector.

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou hoxe no claustro do mosteiro de San Martiño Pinario a segunda edición de Artesanía de Galicia en Compostela, unha iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia na que participan hoxe e mañá domingo un total de 38 profesionais da marca Artesanía de Galicia.

O evento, que se celebra de 11.00 a 14.30 horas e de 16.00 a 21.00 horas, ten por obxectivo impulsar a comercialización dos produtos da marca Artesanía de Galicia e a divulgación dos oficios artesanais galegos.

Os artesáns participantes están especializados en oficios como a xoiería, a elaboración de sanandresiños, a ourivería, a marroquinería, o téxtil, a talla de pedra e de madeira, a estampaxe, a elaboración de papel, o debuxo, a encadernación, a escultura, os complementos de moda, o traxe tradicional, a bixutería, a cerámica, os tapices, os arranxos florais, a elaboración de coitelos ou o bordado ao aire.

Na programación do evento inclúense catro obradoiros abertos ao público familiar, de carácter gratuíto, de iniciación a diferentes oficios impartidos por profesionais da marca Artesanía de Galicia, que se desenvolven durante o mesmo horario da feira. Jorge Bellón (Cedeira) é o encargado de iniciar o público na elaboración das figuras tradicionais de miga de pan de Santo Andrés de Teixido –os sanandresiños– e Leonor Díaz, do obradoiro Como pez en el agua (Vigo), imparten un taller de pintura sobre madeira. Así mesmo, os artesáns María José Martínez e José Antonio Carrera dirixen dous obradoiros complementarios: un de elaboración de papel e outro de encadernación xaponesa.

Verónica Souto, do obradoiro Floradeira (Paderne), imparte dous obradoiros de arranxos florais para os que era precisa unha inscrición previa. O de hoxe está centrado na elaboración de coroas decorativas de flores secas e de mañá domingo na elaboración de coroas para o pelo. Cada obradoiro conta con dúas quendas: de 11:30 a 14:00 horas e de 16:30 a 19:00 horas. A artesá realizará tamén demostracións do seu oficio en horario de 19:00 a 20:30 horas.

Por outra banda, e tamén durante todo o horario de apertura do evento, os ourives composteláns Ricardo Rivas e Julio Lado encargaranse de amosarlle ao público as diferentes técnicas que fixeron da ourivería un referente dos oficios artesanais e da cultura de Santiago de Compostela. Trátase de dous dos ourives composteláns máis prestixiosos, ambos os dous galardoados co Premio Traxectoria nos Premios Artesanía de Galicia 2020 e 2016, respectivamente, en recoñecemento á súa ampla experiencia e mestría no oficio, así como ao seu compromiso pola divulgación e a transmisión das técnicas da ourivería.

PARTICIPANTES

Os 32 obradoiros que participan como expositores son Coiro Enxebre (Gondomar); Cuchillos Artesanos Villar (Teo); Druída (A Estrada);  os talleres de Mos Duarte Leather e Verdecima, talla en madera; GSC Petrum (Cuntis); Jerolas (Curtis); Leónlagata (Sanxenxo); Macosiñas (Ames); os obradoiros de Vigo Mario López, Peixe Nero e Pilar Rodal; Mimobooks (Pontevedra); Monte das flores (O Grove); Morna (O Barco de Valdeorras); Pilar Piñeiro Cerámica (Cangas); Soledad Mato (Oroso); Xoiart (Carral); os obradoiros composteláns Contraform, Degerónimo, Fui yo, Ío Obradoiro Téxtil, Jatafarta, Lara Torres Ilustración, Laura Triñanes Xoiaría, Milena Colella, Mundaya e Xiana Cobo; e os da Coruña Emytelar Tejidos Artesanales, Susana Anta, Tapices Galicia e Zeltia ao aire.

Artesanía de Galicia con marca
Comentarios