miércoles. 24.04.2024

A colección F.37 do deseñador nevense Santiago Iglesias e Sofía Sánchez consegue o terceiro premio na Mostra de Camariñas

O primeiro premio no concurso de Noveis Deseñadores foi para Uxía Loureiro, coa colección ‘A Orixe’; o segundo para Fabiola Santos Baña, con ‘Tecer’; e o terceiro para Sofía Sánchez Rey e Santiago Iglesias, con ‘F.37’. A colección ‘máis comercial’ foi para ‘Isleño’, de Inmaculada Dios González.
O primeiro Look de Santiago Iglesias e Sofía Sánchez.

Os gañadores coa alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua Rial (centro).
Os gañadores coa alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua Rial (centro).

Santiago Iglesias Alonso, un nevense de Tortoreos, coa súa compañeira Sofía Sánchez, de Sada, presentaron unha colección baseada no transatlántico naufragado  ‘Titanic’. Fixeron un labor de investigación e atoparon un artigo onde se relataba que no ‘Titanic’ viaxaba un mostrario de encaixe de Camariñas que levaba unha señora chamada Concepción. A señora viaxaba no camarote F. 37, que deu nome á colección.

Santiago e Sofía tentaron unir as tres clases sociais de pasaxeiros do barco a través do encaixe, cousa que daquela era moi frecuente na roupa, sobre todo interior. “Presentamos deseños con tecidos de cores suaves, transparencias, con cordas e perlas como adornos. Todo en tons pasteis, branco, rosa suave...”.

O primeiro Look de Santiago Iglesias e Sofía Sánchez.
O primeiro 'look'  dun xustillo e un vestido dos deseñadores Santiago Iglesias e Sofía Sánchez.

Un total de 4 conxuntos ou ‘looks’ femininos de Santiago e Sofía que foron á pasarela. Un xustillo (corsé) e vestido; unha saia con blusa; xustillo, blusa e pantalón e un vestido completo.

A ultima modelo portaba unha carta na que se dicía que o mostrario non chegara a tempo ao seu destino, un mes despois da partida no ‘Titanic’.

Iglesias está moi contento deste 3º premio. Este mesmo mes volve a Madrid para presentar un proxecto de moda sostible.

A edición número 32 da Mostra do Encaixe de Camariñas finalizaba cun novo éxito ao lograr 22.002 visitantes, a mellor cifra desde 2015, cando se superaron os 23.000.

A colección F.37 do deseñador nevense Santiago Iglesias e Sofía Sánchez consegue o...
Comentarios