lunes. 29.04.2024

A DGT inicia este luns unha campaña especial de control e vixilancia do consumo de alcol e outras drogas ao volante en Galicia

A Delegación do Goberno informa de que a DGT inicia mañá, luns, unha nova campaña especial de control sobre control da taxa de alcol e presencia de drogas en condutores, que se estenderá ata o domingo, 17 de decembro. Dadas as datas nas que nos atopamos, a campaña terá un especial incidencia nas zonas de esparcemento e de ocio relacionadas coas datas de Nadal, moitas delas en ámbito urbano, polo que promoverá a implicación dos Concellos e das súas policías locais.

A Delegación do Goberno informa de que a DGT inicia mañá, luns, unha nova campaña especial de control sobre control da taxa de alcol e presencia de drogas en condutores, que se estenderá ata o domingo, 17 de decembro. Dadas as datas nas que nos atopamos, a campaña terá un especial incidencia nas zonas de esparcemento e de ocio relacionadas coas datas de Nadal, moitas delas en ámbito urbano, polo que promoverá a implicación dos Concellos e das súas policías locais.
 
O obxectivo desta campaña é concienciar sobre os riscos do consumo de alcol e drogas ao volante, que está presente nun terzo dos accidentes mortais como factor concorrente ou causante. Estes datos despréndense da Memoria de investigacións toxicolóxicas en vítimas mortais de accidentes de tráfico do ano 2022, que revela que dos 854 condutores falecidos en España en accidentes de tráfico e sometidos a autopsia e análise toxicolóxico, 443 deron positivo a alcol, drogas ou psicofármacos. O alcohol segue sendo a substancia máis consumida polos condutores falecidos, seguido pola cocaína e o cannabis.
En canto aos 221 peóns falecidos por atropelo, o 42,5% (94 peóns) deu positivo a alcol, drogas e/o psicofármacos.
 
O consumo de alcol ten graves efectos sobre a condución e sobre a sinistralidade. O aumento do tempo de reacción, a subestimación da velocidade, así como os problemas de visión e coordinación son consecuencias da inxesta do alcohol. Os accidentes con condutores ebrios tamén se volven moito máis graves co aumento da taxa de alcoholemia. A campaña insiste en que a única taxa realmente segura é 0,0 g/l.
 
A última Comisión Autonómica de Seguridade Viaria avanzou que no que vai de ano a Garda Civil de Tráfico efectuou en Galicia 700.000 probas de alcohol e 8.000 probas de consumo de drogas. Deles, 11.300 probas de alcohol deron resultado positivo así como 277 probas de drogas. Ademais, a Garda Civil abriu dilixencias penais a 1.400 condutores por ter índices de alcohol e drogas en sangue constitutivos de delito.
 
Resultados da campaña especial de decembro de 2022
 
Na mesma campaña realizada entre o día 5 ao 11 de decembro do ano pasado en Galicia, controláronse 35.029 condutores e resultaron sancionados 812, dos cales 535 foron positivos en alcohol e 277, en drogas. Por provincias onde máis positivos se detectaron foi en A Coruña, con 374 positivos, seguido de Pontevedra con 196, Lugo con 158 e Ourense con 84.

 

ALCOHOL

DROGAS

A CORUÑA

Controlados

13.834

231

Positivos

230

144

LUGO

Controlados

9.312

68

Positivos

119

39

OURENSE

Controlados

6.160

60

Positivos

49

35

PONTEVEDRA

Controlados

5.211

153

Positivos

137

59

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 

A DGT inicia este luns unha campaña especial de control e vixilancia do consumo de...
Comentarios