martes. 21.05.2024

O Concello de

Tui, a Policía Nacional, e os Servizos de Emerxencias recibiron este mediodía

unha doazón de 3.500  luvas de nitrilo

realizada polo futbolista J. Peleteiro do Aston Villa e do seu colaborador, o

tudense Miguel Hermida. Mercaron todo o stock de luvas tiña a empresa local

Recambios Rager para doar este material aos forzos e corpos de seguridade do

Estado presentes en Tui así coma ao Concello de Tui que os empregará tanto na

Policía Local, Protección Civil, e outro persoal municipal.

O alcalde de Tui,

Enrique Cabaleiro,e o concelleiro de Seguridade, José Ramón Magán, acudieron á

entrega que tivo lugar na praza da Inmaculada, xunto a representantes da

Policía Nacional, Policía Local, Protección Civil e Centro de Saúde.

Dende o Concello

de Tui agradécese este xesto solidario realizado polo xogador J. Peleteiro e o

tudense Miguel Hermida, nas circunstancias que estamos a vivir.

Tui recibe a doazón de 3.500 luvas