viernes. 29.03.2024

O penedo do Equilibro ou a Pena dos Namorados, no calendario galego de Ponteareas

Este venres 23 de decembro ás 19.00 horas presentarase no salón de plenos do Concello un novo calendario que, como sinala a alcaldesa, Cristina Fernández Davila, "busca poñer en valor as grandes singularidades patrimoniais, culturais e naturais que converten a Ponteareas.
O Calendario Galego de Ponteareas descobre algúns do penedos máis coñecidos e descoñecidos da vila
O Calendario Galego de Ponteareas descobre algúns do penedos máis coñecidos e descoñecidos da vila

O Calendario Galego de Ponteareas 2023, na súa nova edición recolle unha escolma das propostas que participaron no concurso de fotografía ‘Pontepenedo’, o que permitirá achegar ao público non só algúns dos penedos máis coñecidos da vila, como o penedo do Equilibro ou a Pena dos Namorados, senón tamén a outras formas caprichosas que se agochan en cada recuncho do municipio, como unha imaxe que semella unha bolboreta ou un cogomelo.

Este venres 23 de decembro ás 19.00 horas presentarase no salón de plenos do Concello un novo calendario que, como sinala a alcaldesa, Cristina Fernández Davila, "busca poñer en valor as grandes singularidades patrimoniais, culturais e naturais que converten a Ponteareas nun lugar único e do que poder presumir e co que podemos descubrir tamén novos recunchos que moitas veces pasan desapercibidos”.

O concelleiro de Lingua, Fernando Groba, destaca a gran calidade fotográfica recollida nesta nova edición do calendario, que abre as portas dun percorrido pola vila rocha a rocha coa imaxe ‘Harmonía da paisaxe galega’ que retrata o Penedo do Equilibrio de Sandra Viviana Romero e o penedo solitario que vixia o Val dende San Cibrán fotografado por Pablo Costa.

Todos os veciños e veciñas poderán recoller os vindeiros días de forma gratuíta na Casa do Concello e na Biblioteca Municipal este calendario, “un pequeno detalle co que agasallar a ponteareás e ponteareáns nestas datas tan sinaladas”.

O penedo do Equilibro ou a Pena dos Namorados, no calendario galego de Ponteareas
Comentarios