viernes. 09.01.2026

O Concello de Mos ten xa todo listo para celebrar o vindeiro luns 5 de xaneiro a súa tradicional Cabalgata de Reis, un dos actos centrais do Nadal no municipio, que este ano será a máis participativa da súa historia e repartirá 11.000 euros en premios entre as carrozas participantes.

O desfile dará comezo ás 18.00 horas e percorrerá a Avenida de Sanguiñeda, desde a Ponte de Senlle ata o supermercado Eroski. Ao longo do percorrido repartiranse arredor dunha tonelada de caramelos sen glute, co obxectivo de garantir unha celebración inclusiva para todos os nenos e nenas.

Tres carrozas reais e doce de asociacións locais

A comitiva estará encabezada polas tres carrozas reais de Melchor, Gaspar e Baltasar, ás que se sumarán doce carrozas pertencentes a asociacións do municipio, evidenciando o forte tecido asociativo e a implicación veciñal de Mos. As carrozas das Súas Maxestades de Oriente estarán escoltadas polos nenos da Asociación de Veciños de San Rafael.

Sus Majestades los Reyes Magos protagonizaron el acto central de la Cabalgata, con la presencia de autoridades locales y una gran participación vecinal en Mos.

📸 Foto 2
Sus Majestades los Reyes Magos protagonizaron el acto central de la Cabalgata, con la presencia de autoridades locales -la alcaldesa, Nidia Arévalo- y una gran participación vecinal en Mos. 📸 Foto 2

Participarán no desfile as ANPAS dos centros educativos de Atín, Valverde Maio e Pena de Francia, así como un amplo número de colectivos locais: a Asociación Cultural Os Feiticeiros, a Asociación Cultural de Torroso, a Asociación de Festas Castro de Herville, o Círculo Cultural Abrente, a Asociación A Cividade de Louredo, a Asociación de Veciños Nosa Terra de Pereiras, a Asociación Recreativa Cultural de Guizán, a Asociación San Martín de Tameiga e o Círculo Cultural Santa Eulalia de Mos.

Música tradicional e actuacións ao remate

A cabalgata contará coa música tradicional galega, coa participación da Rondalla do Centro Cultural de Torroso, a Rondalla da Asociación Cultural de Herville, a Rondalla Santiaguiño de Guizán e a Rondalla Santa Eulalia de Mos, que actuarán de xeito individual ao final do desfile.

Concurso de carrozas e xurado experto

No que respecta ao concurso, o xurado estará composto pola concelleira de Cultura, unha funcionaria municipal e catro expertos nos ámbitos do espectáculo, deseño, confección e maquillaxe. Avaliaranse aspectos como a orixinalidade, o vestiario e a vistosidade, e o fallo —que se fará público ao final do desfile— será inapelable.

Con este investimento en premios, o Concello de Mos busca manter e reforzar unha tradición fondamente arraigada entre a veciñanza, ao tempo que supón un impulso económico ao asociacionismo local durante as festas do Nadal.

Saúdos aos Reis e agasallos ao final do percorrido

Unha vez finalizado o desfile, os Reis de Oriente esperarán aos nenos e nenas xunto ao Belén Vivente, nunha carpa instalada ao final da rúa, onde os saudarán persoalmente e lles entregarán un obsequio.

Mos prepara para o luns 5 de xaneiro a súa Cabalgata de Reis máis participativa, con...
Comentarios